GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda fala en Arxentina do desafío que supoñen as unións de entidades

(26/11/2013)

Miranda fala en Arxentina do desafío que supoñen as unións de entidades

Mariana Ruiz, Bos Aires | 25 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración


Tras dar la bienvenida al deán de la Catedral de Santiago, Antonio Miranda y Benito Santalices, lo acompañan a la mesa.
Tras dar a benvida ao deán da Catedral de Santiago, Antonio Miranda e Benito Santalices, acompáñano á mesa.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, chegou á Arxentina, o domingo 24, para desenvolver unha serie de encontros e contactos con dirixentes da colectividade en Arxentina, no marco dunha xira de catro días que tamén o levará a Uruguai.

Na súa primeira actividade na cidade de Bos Aires, na primeira parada da súa xira, Rodríguez Miranda visitou o campo de deportes do Centro Galicia de Bos Aires, en Olivos, onde foi recibido pola comisión directiva da entidade, encabezada polo seu presidente, Agustín Diz.

Alí mantivo unha reunión cos representantes das asociacións galegas da Capital Federal e o gran Bos Aires na que analizaron a situación das entidades.

Tras o encontro que se realizou a porta pechada, o responsable galego de Emigración do Goberno galego contou que conversaron sobre desafíoos que afrontan as entidades de cara ao necesario recambio xeracional que teñen por diante e na necesidade de xuntar esforzos e sinerxías para poder dar continuidade ao legado cultural que atesouran estas sociedades, -centenarias moitas delas- e que ven como día a día se reduce a súa planta societaria.

No contexto actual, apuntou Miranda, é importante buscar a unidade. Hoxe, -aseverou- temos que recordar o lema: a unión fai a forza, e unirnos todos para poder ofrecer servizos que atendan as necesidades tanto dunha persoa de 80 anos coma dun neno de cinco e iso só vaise lograr xuntando esforzos".

Nesta dirección, sostivo que "máis alá da pertenza ou os vínculos familiares que se teñen cos Concellos, Galicia é a bandeira que nos identifica perfectamente a todos os galegos".

Seguidamente, Miranda, xunto aos dirixentes do Centro e da colectividade, participaron da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Galegos, de Rosalía de Castro.

A axenda do secretario xeral continuou cun xantar no Centro Partido de Carballiño, onde compartiu xunto a socios e directivos da casa os festexos polo 95º aniversario da institución.

Alí, tamén estiveron o deán da Catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez López; o conselleiro de Emprego e Asuntos Sociais da Embaixada de España en Arxentina, Santiago Camba; o delegado do Goberno galego en Arxentina, Alejandro López; a presidenta do Consello de Residentes Españois (CRE) de Bos Aires, María Teresa Michelón; e o primeiro deputado electo pola Emigración, con mandato cumprimento José Manuel Castelao entre outros convidados especiais.

Pola tarde, a comitiva oficial encabezada por Antonio Miranda trasladouse ata a Asociación Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa, onde presenciou a actividade do grupo conta contos 'Polo correo do vento'.

Na asociación, os nenos, xunto aos integrantes de 'Polo correo do vento', viviron as aventuras polo mundo de Panchito, un personaxe de Alfonso Castelao.

'Polo Correo do Vento' é un grupo especializado en actividades pensadas para os máis novos co fin de promover lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística dos nenos.

Con contos, debuxos e moito humor os nenos pasaron unha tarde inesquecible na que, ademais, puideron coñecer e pintar a Panchito, ese entrañable personaxe de Alfonso Castelao.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas