GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda participa en Bos Aires nunha homenaxe a Rosalía de Castro

(25/11/2013)

Rodríguez Miranda participa en Bos Aires nunha homenaxe a Rosalía de Castro

Bos Aires, 24 novembro (EFE).- A diáspora galega celebrou hoxe o 150 aniversario da publicación de "Cantares Galegos" da poeta Rosalía de Castro, nunha homenaxe na que participou, dende Bos Aires, o secretario xeral de Emigración do Goberno galego, Antonio Rodríguez Miranda.

"Foi un acto tremendamente emotivo", asegurou a Efe Rodríguez Miranda tras a celebración.

Tal día como hoxe, pero en 1861, Rosalía de Castro publicou o seu primeiro poema en galego, "Adeus ríos, adeus fontes", motivo polo que se escolleu esta data para a homenaxe á maior poeta galega.

O secretario xeral de Emigración da Xunta subliñou que a elección "é simbolicamente moi importante" porque o poema ten como fondo a emigración dos galegos, e a homenaxe de hoxe foi compartida con toda a Galicia no exterior.

Durante o acto, seguido por miles de emigrantes galegos a través de internet, realizáronse dúas videoconferencias unha dende Santiago de Compostela, capital de Galicia, e a outra dende Bos Aires por ser "a quinta provincia galega", dixo Rodríguez Miranda.

O alto cargo do Goberno galego sinalou que na actualidade "hai unha lixeira saída de persoas cara ao exterior", pero remarcou que "para nada son números comparables con outros momentos".

Co acto de homenaxe a Rosalía de Castro, Rodríguez Miranda iniciou hoxe unha visita de tres días a Arxentina e Uruguai durante a que se reunirá con representantes de entidades galegas nestes países e asistirá a actos relacionados coa diáspora.

Entre as actividades previstas en Arxentina, destacou a entrega polo deán da catedral de Santiago de Compostela, Segundo Pérez, das chamadas "compostelas" -acreditacións oficiais de ter realizado o Camiño de Santiago- aos nenos participantes no programa Conecta con Galicia.

"No seu corazón nunca vai deixar de estar Galicia a través dese Camiño de Santiago", afirmou Rodríguez Miranda, quen subliñou a importancia de que os galegos no exterior e os seus descendentes manteñan o contacto coas súas orixes.

Trátase da segunda visita a Arxentina do secretario xeral de Emigración do Goberno galego tras a que realizou o pasado marzo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas