GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza. O censo de emigrantes dispárase a máximos históricos

(22/11/2013)

O censo de emigrantes dispárase a máximos históricos

Desde o inicio da crise, a cifra de persoas que deixaron a comarca para irse ao estranxeiro incrementouse en máis de 2.500 persoas

A colonia barbancesa no estranxeiro é cada vez máis numerosa. A día de hoxe figuran inscritos no censo de residentes no exterior un total de 16.755 persoas, o que supón a cifra máis alta desde que o Instituto Nacional de Estatística publica este dato.

A falta de oportunidades laborais na comarca está reactivando o fenómeno da emigración e, paralelamente, retardando o retorno ao seu municipio natal dos que se aproximan á idade de xubilación. Desde o inicio da crise, no 2008, a cifra de emigracións aumentou máis dun 15%. É dicir, máis de 2.500 persoas no conxunto da zona. Este éxodo cobra tinguiduras especialmente preocupantes en municipios como Noia ou Porto do Son onde se incrementou máis do 20% durante este período.

 

Continente americano

Aínda que se rexistra un aumento importante da emigración cara a países europeos, o groso do continxente de desprazados barbanceses segue estando en chan americano. De feito, sete de cada dez están inscritos en países como México, Venezuela, Uruguai ou Brasil e a maioría teñen fixada a súa residencia en Arxentina e Estados Unidos. Tal é a importancia da colonia barbancesa nestes dous países americanos que catro municipios, Muros, Ribeira, Mazaricos, Carnota e Noia, figuran entre os dez da provincia que contan cun maior número de emigrantes inscritos nos seus respectivos consulados.

Os datos da Oficina do Censo Electoral tamén apuntan como destinos máis frecuentes toda a zona centroeuropea. Países como Suíza e Alemaña acollen a máis de 1.700 barbanceses, mentres que no Reino Unido ou en Francia supérase escasamente o milleiro

En preto de medio centenar de estados dos cinco continentes constátase presenza de barbanceses. Os censos confirman a súa presenza en lugares tan dispares como Australia, Honduras , Mozambique, Noruega ou Emiratos Árabes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas