GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 20.000 persoas emigraron de España a Alemaña na primeira metade de 2013

(22/11/2013)

Case 20.000 persoas emigraron de España a Alemaña na primeira metade de 2013

lainformacion.com

xoves, 21/11/13 -


Berlín, 21 novembro (EFE).- Un total de 19.057 persoas emigraron de España a Alemaña durante os primeiros seis meses de 2013, segundo os datos dados a coñecer hoxe pola Oficina Federal de Estatística alemá (Destatis).

Casi 20.000 personas emigraron de España a Alemania en la primera mitad de 2013

Berlín, 21 novembro (EFE).- Un total de 19.057 persoas emigraron de España a Alemaña durante os primeiros seis meses de 2013, segundo os datos dados a coñecer hoxe pola Oficina Federal de Estatística alemá (Destatis).

As estatísticas indican un sostemento do incremento de inmigrantes provenientes de España de xaneiro a xuño, o cal supón un aumento do 29,9% con respecto ao mesmo período do ano 2012.

En total, Alemaña recibiu durante estes meses ao redor de 555.000 persoas, o cal constitúe un incremento de 55.000 persoas, ou un 11%, respecto ao ano pasado.

A maioría dos inmigrantes que se instalaron durante este período en Alemaña -334.000 persoas- procederon dos Estados da Unión Europa, principalmente de países de Europa do leste, con Polonia (93.000 emigrantes), Romanía (67.000) e Bulgaría (29.000) como os principais emisores de emigración cara a Alemaña.

Entre os principais países azoutados pola crise económica, o número de italianos chegados a Alemaña creceu nun 38,5%, con 27.895 inmigrantes, e os orixinarios de Portugal aumentaron un 23,7%, con 7.612, mentres que a emigración dende Grecia experimentou un retroceso do 5,2%, con 15.718 persoas.

Entre os países europeos non pertencentes á UE tamén subiu o número de inmigrantes nun 21%.

O número de cidadáns africanos instalados en Alemaña ascendeu un 38%, os provenientes de América incrementáronse nun 2% e os asiáticos nun 14%.

Especialmente notable é a suba experimentada na inmigración procedente de Sirya, cun crecemento do 178% e 6.000 persoas; Rusia cun 27% máis (16.000) e Somalia, dende onde 1.000 persoas emigraron a Alemaña, o que significou un aumento do 143%.

Non obstante, 349.000 persoas abandonaron Alemaña na primeira metade de 2013, das cales 288.000 eran estranxeiros, o cal supón tamén un aumento do 12% con respecto a 2012 no total da xente que decide deixar o territorio alemán.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas