GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia cae un 10% e sitúase en 30.660 en outubro

(22/11/2013)

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia cae un 10% e sitúase en 30.660 en outubro

Máis da metade proceden de fóra da UE, sobre todo Suramérica e Marrocos, e traballan maioritariamente na hostalaría e no comercio

EUROPA PRESS. 21.11.2013

O número medio de afiliados estranxeiros á Seguridade Social en Galicia alcanzou os 30.660 o pasado mes de outubro, o que supón unha caída interanual de case o 10 por cento (9,98%). En taxa intermensual, a caída é do 0,84 por cento.

El número medio de afiliados extranjeros a la Seguridad Social en Galicia cae un 10% y se sitúa en 30.660 en octubre

Son datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que revelan que, do total de inmigrantes en alta ao finalizar outubro, 24.207 cotizaban ao Réxime Xeral; 5.165 ao de Autónomos; e 1.288 ao do Mar.

Por procedencia, un 58 por cento dos afiliados estranxeiros en Galicia en outubro procedían de países de fóra da Unión Europea, un total de 18.033, mentres que os 12.627 restantes eran europeos.

En canto a este segundo grupo, destaca o número de traballadores de Portugal (6.909), seguido polos de Romanía (2.211) e Italia (1.008). Do ámbito extracomunitario, Brasil achega 1.968 empregados, máis que Colombia (1.802), Marrocos (1.467) e China (1.442).


Por actividade

Dentro do Réxime Xeral, a hostalaría acumula a maior porcentaxe de traballadores estranxeiros en Galicia, un 18,42 por cento, e por detrás están o servizo do fogar (18,06%) e o comercio (11,35%).

En canto aos autónomos, o comercio e a hostalaría concentran máis da metade dos cotizantes estranxeiros en Galicia, cun 36,29 e un 20,77 por cento, respectivamente. Ademais, un 9,29 por cento dedícanse á construción.


Por provincias

En canto á súa provincia de residencia en Galicia, A Coruña conta con 11.001 afiliados á Seguridade Social estranxeiros e Pontevedra con 10.961. Pola súa banda, Lugo ten 4.542 e Ourense, 4.056.

Ademais, un 55 por cento dos cotizantes foráneos en Galicia son homes, un total de 16.848, mentres que o número de mulleres se sitúa en 13.812. Outro dato destacado é que os 30.660 afiliados estranxeiros que hai nesta comunidade supoñen o 1,93 por cento dos que están rexistrados en toda España.


Datos nacionais

En canto ao conxunto estatal, a Seguridade Social perdeu 5.849 cotizantes estranxeiros en outubro, un 0,37 por cento en relación a setembro, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.590.436 ocupados, a súa cifra máis baixa en anos.

Co descenso de outubro, a afiliación de estranxeiros encadea cinco meses á baixos tras perder máis de 54.000 cotizantes en xuño, xullo, agosto e setembro.

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o pasado mes de outubro, 1.361.331 cotizaban ao Réxime Xeral; 224.378 ao de Autónomos; 4.415 ao do Mar; e 314 ao do Carbón.

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social baixou en 111.439 cotizantes, un 6,5 por cento, taxa que contrasta co -2,25 por cento do conxunto do sistema.

Segundo Emprego, estes datos constatan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas