GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Deputación da Coruña mostra un especial respaldo ao Fogar Galego de Montevideo

(19/11/2013)

A Deputación da Coruña mostra un especial respaldo ao Fogar Galego de Montevideo

Redacción, A Coruña | 18 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Diego Calvo conversa con una residente durante el recorrido por la institución.

Diego Calvo conversa cunha residente durante o percorrido pola institución.

O presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, acompañado do embaixador en Uruguai, Roberto Varela, e do delegado da Xunta, Manuel Barros, visitou o Fogar Español en Montevideo na súa última visita oficial ao Uruguai, onde foron recibidos polo presidente da entidade, Benito Grande, por membros da directiva e por traballadores do centro fundado por galegos e 'buque insignia' da emigración neste país. Calvo anunciou que dende A Coruña se seguirá apoiando a actividade do centro porque, dixo, axudar aos galegos da emigración "é un deber solidario" das administracións.
Benito Grande, pola súa banda, agradeceu tanto o apoio económico da Deputación como "a visita desta delegación galega que nos fai sentirnos moi preto da nosa terra".
Inmediatamente, Calvo fixo súas estas palabras e engadiu, dirixíndose aos moitos socios que acudiron ao encontro, que "sodes vós os que conseguides que calquera galego que veña a Montevideo poida sentirse como na casa".
Durante o encontro de traballo previo á visita ao centro, Benito Grande explicou ao presidente da Deputación coruñesa e ao embaixador en Uruguai cales son os seus plans para optimizar os recursos dispoñibles e lograr unha mellor xestión do centro porque "todos somos conscientes de que non podemos pedir o que pediamos antes porque a situación económica cambiou".

Tanto Calvo como Varela viron "coherentes" as súas propostas e, no caso de Diego Calvo, dixo: "Voume tranquilo porque puiden comprobar en primeira persoa que o Fogar ten unha directiva comprometida, con ganas de manter o centro e, sobre todo, cunha visión optimista do futuro,".
Ademais destas cuestións, o delegado da Xunta en Uruguai, Manuel Barros, solicitou a axuda da Deputación coruñesa para o mercado solidario que se celebra cada primeiro domingo de decembro en beneficio do Fogar.
Tamén a esta cuestión respondeu afirmativamente Diego Calvo, apuntando mesmo a posibilidade de que dende a institución provincial se abra unha campaña para animar á colaboración de todos os coruñeses na achega de alimentos non perecedoiros para enviar o Fogar Español.
A visita concluíu cun percorrido polas instalacións, nas que tanto o embaixador coma o presidente da Deputación se interesaron por coñecer as necesidades dos residentes.

Reunión co embaixador

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, mantivo un encontro de traballo co embaixador de España en Uruguai, Roberto Varela. Durante a reunión, coincidindo coa visita de Calvo a Montevideo, o dirixente provincial mostrouse especialmente interesado en coñecer en profundidade a situación dos centros de emigrantes da provincia da Coruña no país, onde residen máis de 42.000 galegos.
Ademais, os dous cargos tiveron ocasión de analizar os posibles novos modelos de xestión que se barallan para que estes centros, como o Fogar Español en Montevideo, poidan seguir prestando os mesmos servizos aos galegos situados na diáspora, malia a crise económica.
Calvo coincidiu con Roberto Varela ao resaltar que, ante todo, a prioridade nesta xestión para os próximos anos será "garantir o benestar dos que no seu día tiveron que abandonar a súa terra para buscar un futuro, pero que continúan tendo a Galicia moi presente".
No caso concreto da Deputación da Coruña, o presidente comprometeuse a seguir apoiando "na medida que o permitan as nosas posibilidades" a actividade destes centros. Outro dos eixes primordiais da axuda provincial para os próximos anos será, en palabras do propio Calvo, "a coordinación co resto de administracións implicadas".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas