GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As políticas de inmigración deixan as emigrantes "atrapadas en situacións de irregularidade"

(15/11/2013)

As políticas de inmigración deixan as emigrantes "atrapadas en situacións de irregularidade"

Teresa Blanco. Madrid
13/11/2013 - El Economista 


Moitas están excluídas do pleno desfrute dos seus dereitos humanos e laborais


Fátima Báñez. eE
A Organización Internacional do Traballo (OIT) advertiu nun recente informe de que as políticas nacionais de inmigración se presentan cada vez máis restritivas, deixan moitas emigrantes atrapadas en situacións de irregularidade migratoria ou de informalidade no emprego e excluídas do pleno desfrute dos dereitos humanos e laborais".


O estudo, que contou coa realización dun total de 60 entrevistas con empregadas domésticas de orixe inmigrante asegura que "existen numerosos aspectos sobre os que se fai necesario actuar xa que non funcionan do xeito desexado dende unha perspectiva de igualdade de dereitos laborais e cidadáns".

A necesidade de melloras no ámbito lexislativo centra o primeiro bloque de propostas ou recomendacións nas que conclúe o traballo. A este respecto, o informe fai unha primeira recomendación: ratificar o Convenio 189 da OIT sobre traballo doméstico, en vigor dende o pasado setembro. Pero ademais, o informe da OIT pide rectificar a nova reforma relativa ás prestacións sociais no emprego doméstico -en vigor dende o 1 de abril do 2013- tanto para "retornar á responsabilidade do empregador na alta e o ingreso da cotización na Seguridade Social" coma para "o establecemento de tramos de cotización acorde cos salarios". Tamén aborda a idea da necesidade de cumprir coa formación de comisións de expertos, tal e como se prevé na lexislación.

Por outra parte, refírese ao establecemento de mecanismos de control e inspección "que garantan o cumprimento da normativa laboral e o respecto dos dereitos laborais das traballadoras domésticas ao mesmo tempo que se preserve o dereito á privacidade familiar".

 

Maior coordinación dos axentes sociais
Alude, en segundo lugar, a OIT á necesidade de xerar unha maior coordinación entre os axentes sociais, ao tempo que pide "reflexionar acerca dos beneficios de xuntar os esforzos das traballadoras domésticas inmigrantes e nativas" así como "promover a creación de organizacións de empregadores de traballadores domésticos".

Noutra orde de cousas, fai referencia o informe á necesidade de promover a consideración do sector como un ámbito plenamente laboral. E fai unha serie de propostas ou recomendacións: realizar campañas de sensibilización para informar os usuarios do sector, empregadores e traballadoras, e a poboación no seu conxunto, respecto os dereitos e obrigas respectivos; establecer categorías profesionais garantindo unha remuneración adecuada de acordo co nivel de especialización e o grao de complexidade destas; ou destinar recursos, a través de asociacións, sindicatos e centros oficiais de formación, para garantir unha formación axeitada e acreditada ás persoas que traballan neste sector.

Evitar controis de identidade "inopinados"
A loita contra a economía informal no sector a través de sancións e campañas de concienciación cidadá, ou a simplificación dos trámites administrativos de inscrición á seguridade social, son outras das peticións que fai a OIT no seu estudo.

Denuncia, así mesmo, os efectos indesexables dos controis de identidade "inopinados" e o seu "impacto sobre as posibilidades de actuación cotiá da poboación inmigrante". Paralelamente, reivindica a necesidade de "ter en conta o principio de universalidade das prestacións sanitarias" para o que solicita a rectificación da modificación realizada este pasado1 de abril, e pide a posta en marcha de campañas de información e de sobre os dereitos dos inmigrantes, en particular en caso de detención ou internamento.

Outras das recomendacións da OIT pasan polo establecemento de mecanismos de empadroamento das traballadoras domésticas internas na casa dos empregadores, "co obxecto de poder acceder aos procesos de arraigamento"; a firma de acordos cos países de orixe "para o recoñecemento recíproco de titulacións académicas e certificados de aptitude profesional"; e a promoción de políticas de conciliación "que sexan sensibles á realidade das traballadoras domésticas emigrantes, incluíndo o carácter transnacional do seu periplo migratorio,".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas