GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigrantes e inmigración

(13/11/2013)

Inmigrantes e inmigración

 
Escrito por:

13 de novembro de 2013 

Non resultan infrecuentes na crónica de sucesos os asaltos violentos á fronteira española de grupos subsaharianos que se enfrontan a golpes coa policía que intenta evitar a súa entrada ilegal en territorio europeo, ou traxedias como as de Lampedusa e o deserto de Níxer. Coincidentes con estes feitos, inclúense noticias de pelexas de ilegais manteros subsaharianos coa policía municipal que intenta defender as leis que protexen o comercio local e as marcas comerciais.

É evidente que a solución a este problema non é a actual, consistente en retelos, ingresalos nun centro de internamento temporal, devolvelos ao seu país ou liberar a aqueles aos que foi imposible pescudar a súa procedencia no prazo fixado pola lei porque nin a facilitan nin portan documentos que o certifique, espallándoos polo territorio nacional segundo cotas insondables e consentindo que se gañen a vida con prácticas ilegais que ademais prexudican aos comerciantes que teñen licenza e pagan impostos.

En paralelo, algúns medios de comunicación, influenciados por determinadas oenegués e amables colectivos, sementan de buenismo a opinión pública para converter aos cidadáns en verdugos dun sistema político e económico que tachan de criminal, e en vítimas dese sistema aos subsaharianos.

Esta política xera diversas reaccións, sendo a máis perigosa a que aumenta o racismo e a xenofobia dos máis débiles e menos preparados, que constatan diferentes pesos e medidas dos poderes públicos entre eles e os que chaman despectivamente «negros». E para comprobar o que digo basta con falar en pobos e barrios con membros de oficios menesterosos e as súas familias, ou constatar os votos que colleitan cada día as formacións xenófobas europeas de vello e novo cuño.

¿Hai outra política posible? Talvez unha entre a UE e os países de procedencia que leve flexibilizar os fluxos legais, implicalos no control fronteirizo, cumprir as leis -endurecidas se é mester-, perseguir ás mafias que se lucran con esta nova trata de negros (e tamén de brancas), e fixar a poboación no seu terreo mediante políticas internacionais transparentes e controladas que aceleren o desenvolvemento económico, social e político dos países que son celeiro para esas organizacións criminais.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas