GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Os galegos están moi ben valorados en Liechtenstein»

(12/11/2013)

«Os galegos están moi ben valorados en Liechtenstein»

Figueroa, orixinario de Muxía, leva 34 años traballando neste principado

 

-¿Cómo está a situación actualmente por aí?

-Máis ou menos como en Suíza. Está chegando bastante xente dende España, pero aquí sempre houbo emigración. Unha terceira parte da poboación é estranxeira. Moita xente vive alí e vén a traballar aquí tódolos días. Hai un paro do dous por cento. Outro punto a favor é que os impostos son máis baixos que en Suíza, menos da metade, polo que é bastante apetecible traballar aquí. Iso si, están sendo bastante duros cos permisos de residencia.

 

-¿E está volvendo xente?

-Si, nos últimos anos regresaron persoas que xa pensaban establecerse definitivamente en Galicia e tiveron que regresar pola crise. Aquí os galegos están moi ben considerados. Case todos somos calados. Observamos e traballamos máis do que falamos. Pero quen volveu desde Galicia conseguiu traballo.

 

-Moita xente cruza a fronteira tódolos días

-Si, o que teñen que facer moitos é residir en Suíza e vir tódolos días para aquí. Como dicía, eles están restrinxindo a entrada de emigrantes e aínda que os deixan traballar, teñen que ir vivir a Suíza. Iso si, o problema é que alí teñen que pagar máis impostos.

 

-¿De onde proceden os galegos que viven aí?

-Creo que hai xente de tódolos concellos da Costa da Morte. Principalmente, de Muxía e Mazaricos, Dumbría e Vimianzo, pero tamén hai moitos de Cerceda e Carballo. Case o 90 por cento son da zona.

 

-Ademais, Liechtenstein tamén ten fama de paraíso fiscal.

-Non entendo moito do asunto, pero aquí hai moitos bancos. Agora xa lle están dando caña, pero tamén é importante porque deixa bastante riqueza aquí. O asunto dos bancos non se ve tanto, pero aquí tamén hai moitas fábricas.

-¿Cómo é o día a día no Centro Santiago Apóstol?

-Abrimos só as fins de semana. Reunímonos para xogar ás cartas, falamos da situación da Costa da Morte, de cómo nos foi a semana... É o punto de reunión para lembrar o que nos une.

 

-¿Canto tempo leva como presidente do centro?

-Eu entrei na directiva no ano 1999, aínda que se fundou a comezos dos anos 80, coincidindo coa chegada de moita xente da Costa da Morte. Dende o centro procuramos facerlle a vida máis fácil á xente da zona.

-E esta fin de semana están de celebración.

-É a reunión anual dos socios. Xuntámonos máis de duascentas persoas e xa levamos dezaseis anos celebrando. Aquí comezamos todo un pouquiño antes. Ás seis comezaremos cos aperitivos e prepararemos dúas grandes paellas. Despois comezará o baile, virá a actuación do humorista Isi e despois disfrutaremos ata a madrugada.

 

-¿Cómo está a situación do movemento asociativo da emigración, segundo a súa impresión?

-A verdade é que aquí estamos contentos. De todas formas, notábase unha caída nos últimos anos, supoño que en parte porque a xente retornaba a Galicia. Pero no que podo falar, de Liechtenstein, estamos converténdonos nunha referencia en Centroeuropa, a xente involúcrase e anímase a participar.

Os emigrantes do principado preparan a súa festa anual

Probablemente sexa unha das festas máis numerosas que se fan en Liechtenstein. A importante parroquia de emigrantes do principado, composta case na súa totalidade por xente da Costa da Morte, celebra este sábado a súa reunión anual. E xa van dezaseis edicións. O multiusos Spoerryhalle, no municipio de Schaan, falará galego esta fin de semana. A festa comezará a media tarde cos primeiros aperitivos e para as oito e media está prevista a actuación da orquestra Alaska Deluxe, liderada polo muxián Toni Otero, que se desprazará en taxi ata Liechtenstein despois de actuar nas pasadas semanas no cantón de Berna, en Suíza. A continuación, o cómico Isi fará rir ao público. A festa continuará «ata que nos deixen», segundo Manuel Figueroa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas