GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A metade dos españois que emigraron dende 2008 fixérono porque non ven futuro no país

(11/11/2013)

A metade dos españois que emigraron dende 2008 fixérono porque non ven futuro no país

lainformacion.com

domingo, 10/11/13

O 48% dos españois que saíron do país dende 2008 fixérono porque non ven futuro dentro, o 30% do total xa estaba no paro e o 44% ten intención de volver nun prazo superior a cinco anos.
Así consta nunha enquisa promovida por varios centros de investigación en Italia (European University Institute), España (Real Instituto Elcano), Portugal (Universidade de Lisboa) e Irlanda (Trinity College de Dublín) para estudar a emigración procedente do sur de Europa e Irlanda.
En total realizáronse 7.077 entrevistas a emigrantes gregos, italianos, portugueses, irlandeses e españois, das que en España se fixeron 1.182, unha vez excluídos os que marcharon antes de 2007 e os non nacidos no país.
Entre as razóns citadas como causa da emigración, ademais de estar no paro ou non ver futuro en España, o 32% dixo que se marchou para mellorar a súa formación, o 27% para probar unha experiencia ou aventura nova, o 14% porque o seu salario ou a súa calidade de vida no país era mala, o 6% porque a súa empresa lle ofreceu un traballo no estranxeiro e outro 6% porque quería un futuro mellor para os seus fillos.
Dos que se foron, o 48% recoñece ter tido problemas co idioma, o 29% para encontrar aloxamento, o 21% para encontrar traballo, o 19% afirma sentirse sobrecualificado para os empregos que encontraba, o 14% tivo problemas para que se lle recoñecesen os títulos académicos e o 11% co seguro médico. Só o 18% asegura non ter encontrado problemas.
Agora, o 71% dos que se foron está a traballar, o 6% estudando e outro 11% busca traballo. O 91% dos emigrantes tiña un título universitario; o 31% dunha enxeñaría, o 17% de Economía e Dirección de Empresas e o 15% de Ciencias Sociais. Pero para o futuro, un 12% planea quedarse como moito un ano máis, un 32% entre un ano e cinco, un 30% permanecer no novo país máis de cinco anos e un 22% trasladarse a outro distinto a España.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas