GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda desenvolve diversas actividades coa diáspora galega na súa segunda viaxe a México

(11/11/2013)

Miranda desenvolve diversas actividades coa diáspora galega na súa segunda viaxe a México

Redacción, Santiago | 08 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

De izda. a dcha., el presidente del Centro Gallego de México, Luis Piñeiro; el secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; y el embajador de España, Manuel Alabart Fernández Cavada.

De izda. a dta., o presidente do Centro Galego de México, Luis Piñeiro; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o emibaxador de España, Manuel Alabart Fernández Cavada.

 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou unha visita a México, onde leva a cabo diversas actividades coa diáspora galega e as máximas autoridades españolas alí residentes, no que é a súa segunda viaxe a este país latinoamericano dende que tomou posesión do seu cargo.

En primeiro lugar, Miranda tivo ocasión de entrevistarse co embaixador español, Manuel Alabart Fernández Cavada, con quen estudou diversas fórmulas para mellorar a coordinación entre administracións para dar maior cobertura ás necesidades expresadas polas colectividades galega e española nos últimos meses.

A continuación, desprazouse ata o Centro Galego de México, en Cuauhtemoc, que preside Luis Piñeiro, para departir coa colectividade residente na capital do país. Alí, preocupouse pola situación da comunidade galega e polas novidades recentes da actualidade da nación azteca, e a súa repercusión entre a diáspora.



Emigración 'de ouro'

O acto central desta visita de Miranda a México tivo lugar no Salón dos Reis do Casino Español de México, onde a secretaria xeneral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, acompañada polo director xeral de Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España, Aurelio Miras Portugal, fixo entrega á entidade da Medalla de Honra da Emigración, na súa categoría de Ouro. Neste evento, o secretario xeral de Emigración asistiu en representación do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O Casino Español, presidido polo galego Augusto Rodríguez Piñero, celebra este ano o seu 150º aniversario. Trátase dunha egrexia institución universalmente respectada e recoñecida entre a diáspora, que desenvolveu ao longo do seu século e medio de vida un papel moi relevante tanto na historia mexicana coma na da emigración galega e española.

Un acto similar, igualmente coa presenza de Miranda, ten lugar hoxe na residencia da Embaixada de España, en Lombas de Chapultepec, onde se impón esa mesma distinción á emigrante galega sor Saúde Conde. A nai Saúde, como é coñecida popularmente na capital azteca, dirixiu durante décadas varios dos centros formativos de maior prestixio de México. Pertence á orde das Escravas da Santa Eucaristía e da Nai de Deus, da que dependen fundacións humanitarias, e con misións no ámbito educativo e social.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas