GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo viaxará a Cuba co obxectivo de reforzar o apoio aos 38.000 galegos que residen na illa

(08/11/2013)

Feijóo viaxará a Cuba co obxectivo de reforzar o apoio aos 38.000 galegos que residen na illa

Redacción, Santiago | 07 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración
Rodríguez Miranda, José Antonio Solana, Eugenio Martínez, Núñez Feijóo y Francisco Conde, durante el encuentro.

Rodríguez Miranda, José Antonio Solana, Eugenio Martínez, Núñez Feijóo e Francisco Conde, durante o encontro.

 

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, viaxará a Cuba a principios do mes de decembro co obxectivo de reforzar o apoio aos 38.000 galegos que residen na illa.

O titular da Xunta, que este mércores mantivo un encontro co embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, visitará á colectividade galega que reside no país caribeño co obxectivo de coñecer de boa tinta a súa situación e as súas demandas, de forma que a Xunta poida dar continuidade á permanente defensa dos intereses sociais e asistenciais dos galegos no país.

Así mesmo, outro dos obxectivos será fomentar a unión entre as entidades galegas radicadas na illa, un proceso que xa materializou a colectividade galega afincada en Cataluña e que, tamén, prevén levar a cabo neste ano 2013 centros de emigrantes en Alemaña, Venezuela ou Arxentina.

A segunda liña na que se centrará a viaxe de Feijóo será a de fortalecer as relacións de Galicia con Cuba, e con este fin o presidente do Goberno galego manterá encontros institucionais e comerciais.

O titular da Xunta avaliará durante a súa estanza as oportunidades económicas de Galicia con este país, inmerso nun proceso de reformas que ofrece oportunidades de exportación e posibilidades de investimento en sectores estratéxicos como a agricultura, a gandaría, a pesca, as enerxías renovables, a construción pública ou a automoción.

Ao longo da reunión, Feijóo puido analizar co embaixador diversos aspectos da axenda da viaxe, que se pechará en coordinación co Goberno central para que sexa acorde cos obxectivos de política exterior do Executivo estatal.

Esta visita a Cuba será a primeira que realizará Feijóo dende que foi elixido presidente da Xunta en 2009, dando continuidade á estratexia de acción exterior de Galicia en Cuba, que iniciou en 1991 o expresidente da Xunta Manuel Fraga, o primeiro mandatario galego en realizar unha visita a ese país.

Na reunión co embaixador, acompañaron a Feijóo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas