GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os eurodeputados avogan por facilitar a migración legal de

(06/11/2013)

Os eurodeputados avogan por facilitar a migración legal de "cerebros" estranxeiros

lainformacion.com

martes, 05/11/13 

Bruxelas, 5 novembro. - A Comisión de Liberdades Civís do Parlamento Europeo (PE) avogou hoxe por facilitar a migración legal a Europa dos "cerebros" extracomunitarios con mellores condicións para facer prácticas, estudar, investigar e mesmo traballar de "au-pair" nos Vinteoito.

Os eurodeputados aprobaron por ampla maioría que os mozos que chegan á UE doutros países poidan quedar ata un ano e medio despois de rematado o seu período formativo para encontrar un traballo ou poñer en marcha un negocio.

Segundo os datos da Comisión Europea, cada ano Europa gasta un 0,8% do PIB menos en innovación e desenvolvemento que Estados Unidos e ata un 1,5% menos que Xapón.

A UE busca ser máis atractiva para os estudantes e investigadores, principalmente, pero tamén para os voluntarios internacionais e os "au-pair".

A autora do texto aprobado hoxe pola comisión europarlamentaria, a liberal sueca Cecilia Wikström, sinalou tras o voto que "a UE necesita estas persoas para ser máis competitiva no mercado global".

Unha da medidas para facer máis atractiva a inmigración á UE é a restrición de taxas para solicitar emprego ou estudos nos Vinteoito.

Os eurodeputados respectan que poidan existir, pero advirten que non poden ser "desproporcionadas".

No caso dos investigadores e estudantes, prevese que as súas familias tamén poidan vivir e traballar na UE con facilidades.

Igualmente, avogan por que poidan moverse a outros países da UE con liberdade.

A iniciativa lexislativa aínda necesita o voto positivo en pleno da Eurocámara e o acordo co Consello (o órgano que reúne aos gobernos dos Vinteoito). EFE

lmi/rja/ig

(Para máis información do Parlamento Europeo www.euroefe.com)

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas