GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración dezana distingue a Neira Vilas

(04/11/2013)

A emigración dezana distingue a Neira Vilas

A Sociedade Fillos do Partido de Lalín na Habana nomea socio de honor ao escritor de Gres

31.10.2013 | Faro de Vigo 

Yolanda Vidal fue la encargada de leer la biografía de Xosé Neira Vilas, en La Habana, el 27 de octubre.
Yolanda Vidal foi a encargada de ler a biografía de Xosé Neira Vilas, na Habana, o 27 de outubro.
 

A Sociedade Fillos do Partido de Lalín na Habana outorgou o pasado 27 de outubro o título de socio de honor ao escritor Xosé Neira Vilas no transcurso da súa xunta xeral. A presidenta do colectivo, Mariña do Alicerce García Moreira, presentou a proposta do nomeamento do autor de Memorias dun neno labrego, que está a piques de cumprir 85 anos. Durante o acto, a investigadora Yolanda Vidal Felipe, que durante anos traballou xunto ao autor de Gres, destacou a presenza en Cuba de Neira Vilas desde o ano 1961, así como o seu labor no Ministerio da Industria Básica, a revista Zun Zun, ou os seus traballos sobre a emigración galega reflectidos na prensa cubana.

Na reunión tamén se inaugurou a exposición O espírito galego do Proxecto Arcángel formado por un grupo de novos artistas cuxa produción está inspirada en paisaxes, lendas e mitos de Galicia. Ademais, as irmás Mercés e Flora Igrexas Pérez recibiron o premio "Emigrante distinguida" que consistiu en senllas pezas de cerámica realizadas por artistas cubanos. Na reunión tamén se fixo balance da presenza dos grupos de danza da sociedade nos festivales realizados na capital cubana. A sesión contou coa actuación do grupo Viravoltas de danza que dirixe Mariela Lorenzo, e concluíu cun brindis en honor a Neira.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas