GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lemos. Emigrantes retornados protestan contra as sancións de Facenda

(30/10/2013)

Emigrantes retornados protestan contra as sancións de Facenda

CIG, UGT, BNG e PSOE enviaron representantes á concentración

Ao redor de medio centenar de emigrantes retornados, procedentes de diferentes municipios da comarca, concentráronse onte fronte á delegación da Axencia Tributaria de Monforte en protesta polas sancións que se lles están aplicando por non ter cotizado polas pensións doutros países. A mobilización desenvolveuse entra as once da mañá e as doce do mediodía, en presenza de dúas patrullas da Policía Nacional. Os manifestantes corearon diversas consignas contra o trato que lles dispensa Facenda.

«Non é normal que estean tratando como estafadores a xente que axudamos a levantar este país despois de pasar por moitas cando estábamos fóra», sinala Eloy Fernández, portavoz da plataforma de afectados constituída na comarca de Monforte. A regularización fiscal do período 2008-2012 suporá no seu caso o pagamento duns 6.000 euros. «Sempre que fixen a declaración aquí deixei claro que tiña unha pequena paga do estranxeiro e agora avísanme de golpe de que teño que pagar todos eses cartos», denuncia este emigrante retornado.

A plataforma comarcal esixe que se lles facilite a regularización das súas obrigacións fiscais sen recargas nin intereses de demora, así como a anulación dos expedientes sancionadores que están a ser notificados aos retornados que non tributaban ata agora polas pagas dos países aos que emigraron no seu día. A concentración de onte contou co apoio dos responsables na zona da CIG, Xosé Manuel Silva, e de UGT, Mario Docasar. Tamén participaron a concelleira do BNG en Monforte Pilar López e o seu compañeiro de filas na Pobra Ricardo Rodicio, ademais do coordinador comarcal do PSOE, Roberto Castro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas