GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social perde en Galicia 352 afiliados estranxeiros en setembro e 3.386 nun ano

(25/10/2013)

A Seguridade Social perde en Galicia 352 afiliados estranxeiros en setembro e 3.386 nun ano

Dos 30.921 ocupados estranxeiros inscritos na comunidade galega, 18.900 cotizan no réxime xeral e 5.152 figuran como autónomos

EUROPA PRESS. 24.10.2013

A Seguridade Social perdeu 352 afiliados estranxeiros en setembro, un 1,13% en relación co mes anterior, ata situarse o número de inmigrantes de alta en 30.921 ocupados, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
La Seguridad Social pierde en Galicia 352 afiliados extranjeros en septiembre y 3.386 en un año


Por provincias, Lugo é a que perdeu unha maior porcentaxe de afiliados estranxeiros entre agosto e setembro, cunha caída do 2,45% -116 menos-. A Coruña perdeu 131 (-1,16%) e Pontevedra 117 (-1,04%), mentres que Ourense é a única que gañou altas de inmigrantes, cun total de 13 novos afiliados (+0,32%).

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros na Comunidade galega caeu en 3.386 (-9,87%). Todas as provincias galegas perderon altas nun ano: A Coruña, un total de 1.301 (-10,44%); Lugo, 560 (-10,79%); Ourense, 370 (-8,44%); e Pontevedra 1.154 (-9,41%).

Desta forma, en setembro deste ano, Galicia contabilizou de media 30.921 afiliados estranxeiros á Seguridade Social. A maior parte, 24.423, correspóndense co total xeral (18.900 do réxime xeral) e 5.152 inscríbense como autónomos.

A continuación, no sector do fogar hai 4.437 afiliados estranxeiros na comunidade, seguidos dos 1.346, que o están no do mar e 1.086 no sector agrario.

Do total, 12.409 son estranxeiros procedentes de países da Unión Europea e 18.512, de países non comunitarios; mentres que 16.928 son homes e 13.993, mulleres.

No conxunto, Galicia sitúase como a sexta comunidade con menos afiliados estranxeiros detrás de Cantabria (10.524); Extremadura (12.499); A Rioja (12.662); Asturias (12.928); e Navarra (21.373). Ceuta ten 2.675 afiliados estranxeiros e Melilla, 3.937.

Datos estatais

No conxunto do Estado, a Seguridade Social perdeu 11.323 cotizantes estranxeiros en setembro, un 0,7% en relación a agosto, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.596.286 ocupados. Co descenso de setembro, encadea catro meses á baixos tras perder máis de 43.000 cotizantes en xuño, xullo e agosto.

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o pasado mes de setembro, 1.367.451 cotizaban ao Réxime Xeral; 223.887 ao de Autónomos; 4.634 ao do Mar, e 313 ao do Carbón.

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social baixou en 132.550 cotizantes, un 7,67%, taxa que contrasta co -3% do conxunto do sistema.

Segundo Emprego, estes datos constatan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

 Só o réxime de autónomos gaña afiliados

En setembro, en España, só o Réxime de Autónomos gañou afiliados estranxeiros respecto ao mes anterior, un 0,34%, mentres que o resto perderon cotizantes, especialmente o Réxime do Mar (-2,7%), seguido do Réxime Xeral (-0,87%) e o Réxime do Carbón (-0,83%).

Dentro do Réxime Xeral, un total de 256.811 estranxeiros, o 18,78%, traballaba na hostalaría, mentres que o 12,68% o facía no comercio (173.426 afiliados), e o 7,79% nas actividades administrativas e servizos auxiliares (106.507 cotizantes).

Así mesmo, e dentro deste réxime, 175.253 estranxeiros encadrábanse no sistema especial agrario, un 7,5% máis que en agosto, e 222.059 no do fogar, cun descenso mensual do 1,1%.

Romaneses e marroquís, os máis numerosos

Do conxunto de inmigrantes afiliados á Seguridade Social a peche de setembro, seis de cada dez procedían de países non comunitarios (990.840) e o resto (605.446) proviñan de países membros da UE.

Dentro dos países non comunitarios, 178.890 eran de nacionalidade marroquí e 92.812 de nacionalidade ecuatoriana. China, con 88.467 traballadores, sitúase como terceiro país de procedencia de afiliados de fóra da UE, por diante de Bolivia, que conta con 75.120 cotizantes.

O resto de afiliados non comunitarios repártense entre Colombia (70.563), Perú (46.768), Arxentina (33.446), Ucraína (33.404), Paraguai (33.203) e República Dominicana (27.320), entre outros.

Pola súa banda, dos que proceden da UE-27, romaneses, italianos e británicos son os máis numerosos, con 249.276, 63.421 e 52.422 cotizantes, respectivamente. Séguenlles búlgaros e portugueses, con 50.129 e 39.209, e alemáns e franceses, con 38.591 e 35.034 afiliados.

Máis afiliados en Cataluña e Madrid

Por comunidades autónomas, Cataluña e Madrid seguiron concentrando algo máis de catro de cada dez estranxeiros afiliados á Seguridade Social en setembro pasado, ao sumar entre ambas as dúas o 44,6% do total de inmigrantes ocupados. En concreto, Cataluña contaba con 374.343 estranxeiros cotizantes, mentres que en Madrid a cifra era de 337.606.

Tras estas dúas rexións situáronse Andalucía, con 173.676 afiliados estranxeiros; Comunidade Valenciana, con 161.035 ocupados; Baleares, con 83.764; Canarias, con 74.926; Murcia, con 69.246; Aragón, con 58.973; Castela-A Mancha, con 58.907; País Vasco, con 48.173, e Castela e León, con 48.118.

As comunidades con menor presenza de inmigrantes en alta á Seguridade Social ao finalizar setembro foron Galicia, con 30.921 estranxeiros; Navarra, con 21.373; Asturias, con 12.928; A Rioja, con 12.662; Extremadura, con 12.499; Cantabria, con 10.524, e as cidades autónomas de Melilla, con 3.937, e Ceuta, con 2.675.

Castela-A Mancha e Extremadura rexistraron en setembro o maior incremento intermensual de afiliación estranxeira, con avances do 11,2% e do 9,1% respectivamente, seguidas de La Rioja (+5,2%) e Navarra (+1,19%). No resto de rexións producíronse caídas da afiliación estranxeira, coincidindo co fin dalgunhas tempadas agrícolas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas