GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda destaca que o seu departamento "blinda as axudas individuais" aos residentes no exterior

(25/10/2013)

Rodríguez Miranda destaca que o seu departamento "blinda as axudas individuais" aos residentes no exterior

E. F., Vigo | 23 Outubro 2013 - Cronicas de la Emigración

Antonio Rodriguez Miranda.

Antonio Rodriguez Miranda.

A Secretaría Xeral de Emigración dispoñerá para 2014 dun presuposto de 8.018.662 millóns de euros para atender as necesidades dos residentes no exterior, o que supón unha redución de aproximadamente 496.000 euros con respecto á contía adxudicada para o exercicio de 2013. En porcentaxe, o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda contará o ano que vén cun 5,83% menos de presuposto para afrontar os gastos das políticas migratorias que o Goberno galego leva a cabo dende hai anos para paliar as carencias do colectivo emigrante.
Non obstante, a Secretaría Xeral deseñou para 2014 un presuposto co que adecuar as necesidades da emigración aos axustes presupostarios que veñen impostos en épocas de crise como a actual. Para iso, decidiu facer recaer o 50% da perda presupostaria sobre o capítulo I, que fai referencia aos gastos de persoal, suprimindo unha subdirección xeral. Deste xeito, a contía destinada ao devandito apartado, que ascende a 1.568.900 euros en 2014, rebáixase en 232.856 euros con respecto a 2013, o que supón un 12,92% menos que ese ano.
A redución da estrutura interna permite, segundo o secretario xeral, blindar a atención que se presta aos emigrantes no apartado de axudas individuais e de carácter asistencial (que se inscriben dentro do capítulo 4) para o que dispón de 2.015.000 euros.
"Sen dúbida -asegura-, pódese dicir que o presuposto garante a colaboración coas entidades no exterior e blinda as axudas a persoas a nivel individual".
En total, para o capítulo 4, no que se inclúen ademais axudas para o retorno e para o autoemprego e o emprendimento de retornados, así como para as institucións, a contía pasa dos 3.944.196 euros con que contaba en 2013 3.844.196 en 2014, o que supón unha perda do 2,54%. A redución de 100.000 euros nun ano espérase que non inflúa demasiado nas actuacións a desenvolver no devandito apartado, debido, segundo Miranda, á potencial unión de novos centros e a realización de actividades conxuntas, o que podería levar aparellado "un aforro" o ano próximo.

Respecto ao capítulo 2, onde se inscriben, entre outras, as actuacións derivadas da Lei da Galeguidade (desenvolvemento dos programas de 'Reencontros' e seminarios, entre outros), a rebaixa con respecto a 2013 é do 2,56%, ao pasar de 1.955.878 a 1.905.878. En concreto, no apartado referido ás actuacións da Lei da Galeguidade, o presuposto redúcese de 1.730.000 a 1.700.380 euros.
O capítulo 6, que considera accións de sensibilización no ámbito migratorio, dispoñerá dunha partida de 40.000 euros, que será destinada, entre outros asuntos, á firma do convenio co Consello da Cultura Galega, para potenciar a presenza de Galicia e da emigración galega nas actividades de tipo cultural que se poidan desenvolver o ano próximo.
Por último, o capítulo 7 reflicte as axudas para a conservación e realización de obras nas instalacións das entidades galegas do exterior, cunha partida de 659.688 euros, 45.000 euros menos que en 2013, o que supón unha rebaixa do 6,42%.
Rodríguez Miranda destacou igualmente os 200.000 euros que a Secretaría Xeral vai destinar ás políticas para axudar aos retornados na súa propia iniciativa empresarial, o que supón que o seu departamento colabora así co programa de crecemento económico que, de modo transversal, está a levar a cabo o Goberno galego entre os distintos departamentos para reducir a cifra de paro na comunidade autónoma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas