GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

ACULCO axuda ao retorno voluntario de latinoamericanos en situación irregular

(23/10/2013)

ACULCO axuda ao retorno voluntario de latinoamericanos en situación irregular

ACULCO inicia o programa de retorno voluntario para emigrantes latinoamericanos irregulares denominado FOGARES que estará vixente ata xuño de 2014


parainmigrantes.info
 outubro 23, 2013

A Asociación Sociocultural e de Cooperación ao Desenvolvemento por Colombia e Iberoamérica (ACULCO) axuda ao retorno voluntario ao seu país a latinoamericanos que se encontren en España en situación irregular. Esta axuda consiste en: billete de avión, axuda económica de 400 euros e tramitación de documentos, asesoría xurídica e apoio psicolóxico.

Aculco inicia o programa de retorno voluntario para emigrantes latinoamericanos irregulares denominado FOGARES que estará vixente ata xuño de 2014.

Este programa está cofinanciado polo Fondo Europeo para o Retorno (Unión Europea) e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social (Dirección Xeral de Migracións). Aculco ten experiencia na xestión de axuda ao retorno voluntario dende hai varios anos.
aculco
A axuda proporcionada por Aculco consiste en xestionar a viaxe de retorno e entrega á persoa beneficiaria as axudas existentes para o regreso ao seu país:

* billete para a viaxe e 400 €

* axuda na tramitación da documentación para o retorno

* apoio psicolóxico para enfocar o retorno de xeito positivo

* asesoría para a reinstalación

REQUISITOS

* Encontrarse en España en situación administrativa irregular.

* Ter nacionalidade dun país latinoamericano.

* Encontrarse en situación de vulnerabilidade social (por exemplo, desempregados de longa duración, mulleres embarazadas sen recursos económicos, familias monoparentais con cargas familiares, persoas con minusvalidez, etc.).

* Ter unha estanza mínima de seis meses continuados en España

Onde teño que acudir para informarme e/ou beneficiame do proxecto Hogares?

ACULCO MADRID

C/ Albendiego 24, local 4 e 5, Madrid. Metro Ventilla (L9)

Teléfono: 91 598 23 14

Email: social@aculco.org; emarin@aculco.org

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas