GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rodríguez Miranda e Calvo Basarán consideran que o voto exterior será decisivo nas eleccións europeas

(23/10/2013)

Rodríguez Miranda e Calvo Basarán consideran que o voto exterior será decisivo nas eleccións europeas

Redacción, Santiago | 22 Outubro 2013 - Cronicas de la Emigración.


Rodríguez Miranda y Calvo Basarán.

Rodriguez Miranda e Calvo Basaran.

O presidente do Partido Popular de España en Bélxica (PPEB), Joaquín Calvo Basarán, reuniuse recentemente co secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda, para intercambiar puntos de vista sobre a emigración e analizar as próximas eleccións europeas.

Joaquín Calvo Basarán afirmou que "as eleccións europeas son de crucial importancia para España e para Europa. Gañar o millón e medio de votos que está en xogo requirirá xestos cara aos españois do exterior".

Antonio Rodríguez Miranda e Joaquín Calvo Basarán intercambiaron información sobre a situación da emigración en Bélxica e en particular, sobre os mozos que están a saír de España como consecuencia da crise. Así mesmo, trataron da situación do voto exterior. Ambos os dous coincidiron en que establecer o voto en urna e en colexios electorais sería un primeiro paso moi apreciado polos españois do exterior.

Neste contexto, abordaron as próximas eleccións europeas, nas que o millón e medio de votos do exterior, ao computarse nunha lista única, podería ser decisivo. As eleccións ao Parlamento Europeo son do maior interese para a comunidade exterior porque calquera avance da libre circulación de persoas lle reporta beneficios inmediatos.

O presidente do PPEB avogou por que o PP acuda ás europeas garantindo melloras no exercicio do voto exterior, incluíndo no seu programa medidas para impulsar a libre circulación de persoas e designando un eurodeputado como representante dos españois no exterior.

Antonio Rodríguez Miranda e Joaquín Calvo Basarán acordaron manter este tipo de contactos.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas