GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A cifra de inmigrantes españois en Alemaña subiu un 9 por cento en 2012

(23/10/2013)

A cifra de inmigrantes españois en Alemaña subiu un 9 por cento en 2012

lainformacion.com

martes, 22/10/13 -



A cifra de inmigrantes españois en Alemaña subiu un 9 por cento en 2012

Berlín, 22 outubro (EFE).- A cifra de españois inscritos no Rexistro nacional de estranxeiros en Alemaña aumentou en 2012 un 9,1% respecto ao exercicio anterior (10.038 cidadáns máis), segundo os datos feitos públicos hoxe pola Oficina Federal de Estatística (Destatis).

O rexistro contabiliza en total 7,2 millóns de estranxeiros (120.231 españois), o que supón 282.800 máis que en 2011 e un incremento do 4,1%, o máis elevado dende 1993.

Segundo detalla Destatis, o incremento de inmigrantes de orixe española supera ao doutros países tamén afectados pola crise do euro, como Grecia (5,1%) ou Italia (1,8%), aínda que se sitúa moi por debaixo dos países do Leste.

O 80% dos "novos" estranxeiros en Alemaña procede de países da Unión Europea, principalmente do Leste.

En termos absolutos, destaca o caso de Polonia -107.310 polacos rexistráronse en 2012 en Alemaña-, aínda que Destatis subliña o incremento porcentual dos húngaros (29,8% máis rexistrados que en 2011), romaneses (28,8%) e búlgaros (26,5%).

De países non europeos, as maiores subas corresponden a Siria, India e Rusia.

A turca segue sendo a principal nacionalidade dos residentes estranxeiros en Alemaña -1,5 millóns-, aínda que nos últimos anos esa cifra se vai reducindo pouco a pouco debido, sobre todo, á adopción destes cidadáns da nacionalidade alemá.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas