GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Foro Galego de Inmigración reivindica a asistencia sanitaria "como un dereito" para o colectivo emigrante

(23/10/2013)

O Foro Galego de Inmigración reivindica a asistencia sanitaria "como un dereito" para o colectivo emigrante


Denuncia que "a perda de dereitos segue igual" e pide que esta prestación sexa recoñecida "como ao resto" de cidadáns

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Outubro (EUROPA PRESS) -

O Foro Galego de Inmigración reivindica a asistencia sanitaria "como un dereito" para o colectivo tras cumprirse un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012 "que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas emigrantes en situación irregular".

Por iso, este martes o Foro entregou no Rexistro da Xunta un documento avalado tamén por Médicos do Mundo, Asociación Galega de Medicina Familiar e a Plataforma SOS Sanidade Pública, dirixida ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que reclaman "o dereito á asistencia para o colectivo emigrante", segundo manifestou, en declaracións a Europa Press, o voceiro do Foro, Miguel Fernández.

Nese documento, segundo explicou Fernández, aínda que se recorda que a Xunta ten" un programa propio "a perda de dereitos segue igual", polo que piden o Goberno galego" que non cumpra ese Real Decreto e manteña a prestación sanitaria como un dereito das persoas.

Así, Fernández insistiu en que se é recoñecido como un dereito "como ao resto" de cidadáns, esta prestación "non" depende doutras cuestións e é algo consolidado". Por iso, puntualizou que a entrega deste documento supón a "mala celebración dun ano deste feito" --a aprobación do Real Decreto--.

COLOQUIOS
Así mesmo, o Foro Galego de Inmigración celebra entre o 21 e 25 de outubro a Semana Galega de Loita contra ás Fronteiras, que organiza xunto con outros colectivos sociais, para "denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas emigrantes".

Deste modo, nunha serie de coloquios que se van levar a cabo en localidades como Santiago, Ourense, A Coruña e Ferrol debaterase sobre o tema "das fronteiras visibles e invisibles". Así, o Foro considera esa "exclusión sanitaria" dos inmigrantes en situación irregular "unha fronteira interna".

Para debater sobre este tema, os promotores da iniciativa contan coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, coautor de ' Que facemos coas fronteiras? ' e autor doutros textos sobre políticas migratorias.

Entre as actividades incluídas nesta semana inclúen as presentacións do citado libro en Vigo, Ourense e A Coruña; coloquios en Santiago e Ferrol baixo o título 'Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Política migratorias e exclusión de dereitos', nos que participará Eduardo Romero e "activistas polo dereito á saúde universal", segundo informa o Foro.

En concreto, o coloquio 'Fronteiras, diferentes dispositivos, mesma función' con participación de Eduardo Romero e da Coordinadora en Galicia de Médicos do Mundo, Ana María Mateo, terá lugar este martes ás 20.00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina en Santiago de Compostela.

Mentres, este xoves teñen previsto outro acto na Praza Rodríguez de Padrón en Santiago para denunciar a preocupación pola persecución policial do colectivo, racismo e explotación, porque xente deste colectivo en situación irregular "son tratados como delincuentes, detidos e explotados,". "Son persoas que tratan de gañarse a vida aquí", concluíu Fernández.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas