GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A nova emigración dispara o censo exterior a máis de 414.000 electores

(22/10/2013)

A nova emigración dispara o censo exterior a máis de 414.000 electores

PSOE, EU e UPYD propoñen que se elimine o voto rogado e o BNG defende que se manteña

Con ambas as evolucións, o peso da emigración no censo total alcanza tamén o seu máximo histórico, representando xa o 15,37 % do total. A listaxe de posibles votantes no estranxeiro contaba hai once anos con só 275.400 integrantes, o que supuña unicamente o 10,7 % do censo.

 

Debate no Congreso

O novo récord de electores coincide coa volta ao Congreso do debate sobre os dereitos electorais dos emigrantes, para os que o PSOE, EU e UPYD piden agora que non se lles obrigue a ter que solicitar participar nos comicios cada vez que estes se convoquen.

A Comisión Constitucional do Congreso analizará mañá unha proposta presentada en maio do 2012 polo Grupo Socialista, partido que impulsara xunto ao PP no 2011 a reforma electoral que eliminou a presenza da diáspora das eleccións locais e a implantación do voto rogado. Esa obrigatoriedade na petición do voto é a que agora o PSOE pretende que se elimine despois de que o voto exterior caese desde o 30 % de participación a pouco máis do 4 % nos últimos comicios galegos. Os socialistas avogan ademais polo voto en urna e electrónico e a creación dunha circunscrición de deputados exterior.

EU engade a súa petición de que a emigración volva votar nas municipais, así como que se regulen as campañas electorais no exterior, mentres que UPYD, a terceira forza que presentou proposicións respecto diso, esixe que os residentes no exterior teñan os mesmos dereitos que quen forman parte do censo interior.

O BNG, en cambio, defenderá que continúe existindo a obrigatoriedade de solicitar o voto mentres siga emitíndose por correo. Así mesmo, os nacionalistas son partidarios de que se exclúa á diáspora das eleccións municipais e incluso das autonómicas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas