GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral de Emigración dispoñerá de 8 millóns de euros de presuposto para 2014

(21/10/2013)

A Secretaría Xeral de Emigración dispoñerá de 8 millóns de euros de presuposto para 2014

Redacción, Vigo | 19 Outubro 2013 - Cronicas de la Emigración

A Secretaría Xeral de Emigración dispoñerá para 2014 dun presuposto de algo máis de oito millóns de euros (8.016.662 euros) para facer fronte aos gastos do departamento e levar a cabo actuacións de carácter social e asistencial cos galegos residentes no exterior, segundo consta no proxecto de presupostos, presentado este sábado pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz, á presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.

A partida, unha vez que a Consellería de Traballo e Benestar asumiu as competencias en materia de inmigración, é de case 1,2 millóns menos que para o exercicio actual, ano no que a cifra se elevou a 9,2 millóns de euros.

Tras a incorporación de inmigración a Traballo, a actuación da Secretaría Xeral abrangue os apartados de emigración e retorno. No que respecta ao primeiro deles, o departamento que dirixe Antonio Rodríguez Miranda, incidirá na asistencia sociosanitaria dos galegos residentes no exterior que se encontran en situación de precariedade, dependencia ou risco de exclusión social. Tamén se dará impulso aos programas relacionados cos centros galegos, fomentando a súa modernización e acceso ás novas tecnoloxías e nos programas dirixidos á xuventude galega e ao colectivo do exterior, para a súa participación activa nos proxectos do tecido asociativo da Galicia exterior.

Respecto ao retorno, reforzarase o apoio socioeconómico aos retornados a través de accións formativas e de fomento do autoemprego e a actividade emprendedora, para contribuír á inserción laboral dos integrantes deste colectivo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas