GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lampedusa revela as carencias das políticas migratorias na UE

(18/10/2013)

Lampedusa revela as carencias das políticas migratorias na UE

lainformacion.com

xoves, 17/10/13

Bruxelas, 17 outubro (EFE).- Os naufraxios en Lampedusa (Italia) revelaron as carencias dunha UE que non se dotou dunha política común para a inmigración ilegal a ue, en período pre-electoral europeo, vive un agravamento da situación polos éxodos froito da primavera árabe.

A ministra italiana de Integración di que é momento de cambiar as leis migratorias na UE


Bruxelas, 17 outubro (EFE).- Os naufraxios en Lampedusa (Italia) revelaron as carencias dunha UE que non se dotou dunha política común para a inmigración ilegal a ue, en período pre-electoral europeo, vive un agravamento da situación polos éxodos froito da primavera árabe.

Analistas, eurodeputados e outras fontes europeas subliñan a falta dunha política común europea para a inmigración ilegal e a resolución só parcial do control das fronteiras marítimas a través de Frontex como resposta ao por que non se evitan traxedias como as de Lampedusa, que deixou ao redor de 400 mortos no mediterráneo en apenas dúas semanas.

A ministra italiana de Integración, Cécile Kyenge, dixo hoxe na Eurocámara que "chegou o momento de cambiar as leis de inmigración na Unión Europea" tras as traxedias vividas en Lampedusa nas últimas semanas.

Non obstante, no último borrador do cumio europeo do 24 e 25 de outubro, ao que Efe tivo acceso, os xefes de Estado e Goberno sinalan a súa pena polo sucedido pero postergan a toma de novas decisións ata xuño de 2014.

Segundo ese borrador, susceptible aínda de ser modificado, os Vinteoito dedican un parágrafo á cuestión das medidas a tomar a nivel europeo en cuestións de inmigración e un punto da axenda solicitado por Italia e Francia, aínda que non inclúe medidas concretas.

Ao analista do European Policy Center (EPC) Yves Pascouau non lle sorprende a previsible falta de novas decisións dese próximo cumio pois "os países non queren lexislar a cuestión da política de inmigración a nivel europeo porque non queren ceder soberanía nun asunto como as condicións nas que se dá entrada a un estranxeiro".

"Se a cuestión xa era sensible hai unha década, tras a crise económica e as eleccións europeas á volta da esquina, aínda máis", apuntou.

A eurodeputada española Teresa Jiménez Becerril (PP) sinalou a Efe que leva toda a lexislatura oíndo falar do drama dos botes pero cada inverno, en canto baixan as temperaturas e decae a chegada de pateiras, o tema se esquece sen solucionarse".

Para a europarlamentaria popular "é unha pena" que se pense en modificar a lexislación "sempre" a 'posteriori', cando xa é tarde para evitar a traxedia".

Para a eurodeputada española María Muñiz (PSOE), a UE "só xestionou a inmigración regular pero non lexislou sobre o feito propio da globalización da inmigración e o movemento de persoas polo mundo".

"Malia a crise, somos o continente máis rico e iso atrae a poboación que vive sumida na pobreza e en conflito. Hai que dar resposta porque só hai que mirar as cifras: en 2012 houbo ata 72.000 intentos de cruzar a fronteira europea de forma clandestina", sinalou a Efe a eurodeputada.

Muñiz denunciou que existan lexislacións "que atentan contra as vidas humanas e que castigan, como en Italia, que un grupo de pescadores poidan rescatar a náufragos no mar".

Dende UPyD, o eurodeputado español Francisco Sosa Wagner dixo que non hai que perder de vista cal é o problema máis importante da inmigración ilegal a Europa, e é que hai países africanos cuxos gobernantes son incapaces de darlle de comer aos cidadáns".

"Vemos todas as armas disparándose contra as institucións europeas tras Lampeusa pero hai que ter en conta o problema de orixe, que son os Estados que non cumpren coas súas obrigas e as mafias organizadas que xogan coa vida da xente no norte de África", dixo a Efe.

A Eurocámara pedirá a próxima semana en Estrasburgo que en 2014 se aumente en 2,5 millóns de euros (respecto á proposta da Comisión Europea de 8,3 millóns) o presuposto para a axencia de control de fronteiras marítimas (Frontex).

Os recursos dos que se dota cada operación da axencia, como helicópteros ou embarcacións, son prestados voluntariamente polos Estados, principalmente polos do sur.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas