GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes de Forcarei súmanse á plataforma estradense

(18/10/2013)

Os emigrantes de Forcarei súmanse á plataforma estradense

 

Ao redor de medio centenar de emigrantes déronse cita na reunión celebrada a noite do mércores en Cachafeiro, en Forcarei. Un encontro, ao que asistiron, entre outros, a senadora socialista, Paula Fernández Pena, e representantes da plataforma estradense.

Un dos afectados de Forcarei, Germán Marquez, mostrábase satisfeito con este encontro, coa resposta veciñal e tamén coa información recibida. Un dos acordos adoptados foi o de unirse á plataforma da Estrada a fin de axuntar forzas e participarán na concentración do día 23. Márquez calcula que no municipio de Forcarei hai douscentos afectados aos que lles reclama Facenda. Sinala que «saímos a gañarnos a vida e agora veñennos con esta propina».

Na reunión moitos dos asistentes apuntaron que xa pagaran as multas de Facenda. Os afectados destacan que os consellos recibidos na reunión por parte dunha avogada era que reclamasen e presentasen de igual modo un recurso.

 

Moción plenaria

Onte as reclamacións dos emigrantes retornados foron tamén tema no pleno de Forcarei. Nela debateuse unha moción presentada polo BNG. A portavoz nacionalista., Anabel Gulías, apuntou que «aínda que pediamos moitas cousas o reducimos todo a que o Concello convocase unha charla cos veciños en colaboración coa plataforma de afectados». O PP votou a favor de esixir que se cambie a lei e deixar os locais do Concello se lle son solicitados. A alcaldesa, Belén Cachafeiro, sinalou que «estamos para apoiar os veciños, pero terán que vir primeiro e si o solicitan non teño ningún problema». Cachafeiro considera que as demandas debían ter chegado ao Concello por boca dos afectados e non a través dunha moción . Ana Doval, do PSOE destacou a fricción neste punto que motivou a intervención de ata catro edís do PP e queixouse, do mesmo xeito que a portavoz do BNG, que Cachafeiro rexeitar asinar a favor dos afectados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas