GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes sancionados protestarán en Foz ante Facenda para pedir que se anulen as sancións

(18/10/2013)

Emigrantes sancionados protestarán en Foz ante Facenda para pedir que se anulen as sancións

A concentración será o próximo día 29, ás 12.00 horas

 

Tras participar onte na manifestación de Santiago, membros do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña convocaron unha nova protesta para esixir que se anulen as sancións que lles foron impostas por non ter declarado as pensións que reciben doutros países e para reclamar un cambio lexislativo. Convocaron unha protesta para o mércores 29 en Foz ante a Delegación de Facenda. Será ás 12.00 horas. Baixo o lema "Emigrantes retornados, pensionistas defraudados" os afectados esixirán unha solución ao seu problema. Insisten en que nunca recibiron información en relación coa súa obrigación de declarar as contías das pensións recibidas dos países nos que traballaron. Na comarca da Mariña o número de afectados pode roldar os 200, segundo algunhas fontes do colectivo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas