GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes en Centros de Internamento só teñen dereitos sobre o papel

(18/10/2013)

 

Os inmigrantes en Centros de Internamento só teñen dereitos sobre o papel


16 Outubro EUROPA PRESS


CENTRO DE INTERNAMIENTO DE EXTRANJEROS DE MADRID, ALUCHE CIE 
Foto: EUROPA PRESS
MADRID, 16 Oct. (EUROPA PRESS) -

Os dereitos dos inmigrantes retidos nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIE) só son tales sobre o papel, segundo denuncia un informe elaborado polo Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas de la Universidad Carlos III de Madrid, no que se analizan as condicións de vida destas persoas privadas de liberdade para a tramitación da súa expulsión do país.

"A lei recoñece os dereitos, pero só a existencia das garantías de cumprimento axeitadas, tales como as condicións materiais para o seu exercicio e unha regulación detallada do funcionamento interno dos CIE, permitiría falar dunha verdadeira protección. Só entón os dereitos transcenderán do papel para conformar a realidade", conclúe o traballo.

O informe recorda que dende as ONG ata distintos maxistrados dos xulgados de control dos CIE sinalaron "con rotundidade" que "non se está a garantir o exercicio efectivo dos dereitos dos estranxeiros" recluídos nestas instalacións policiais e reclama por iso unha "mellora" tanto das condicións materiais dos centros coma da súa regulación, pendente dende o ano 2010.

Segundo conclúe, "a insuficiencia das condicións mínimas esixibles nos CIE  para o exercicio dos dereitos dos internos, xunto á falta de vontade política no desenvolvemento regulamentario que a Lei de Estranxeiría entendía necesario, é o marco que define o panorama actual dos dereitos dos internos nos CIE".

Este traballo, que se enmarca no proxecto Consolider-Ingenio 2010 "O tempo dos dereitos" (HURI-AGE), analiza por bloques o marco normativo nacional e internacional de estranxeiría, os informes das ONG sobre o internamento, a xurisprudencia ao respecto e as actas dos xulgados de control que se encargan dos CIE en España e conclúe que os seus internos se encontran en "un limbo impropio dun Estado de Dereito".

Entre outros aspectos, os investigadores destacan por "fundamental" que na práctica xudicial se supere o automatismo existente á hora de adoptar a medida preventiva de internamento e a falta de revisión das circunstancias que o motivaron, máxime cando a lexislación española permite adoptar medidas alternativas que resultan "menos gravosas" para os estranxeiros.

"Na nosa opinión, se ben houbo un avance xurisprudencial importante, os retos na materia seguen sendo significativos. O recoñecemento efectivo dos dereitos dos inmigrantes en igualdade de condicións é unha tarefa aínda pendente que non pode abordarse unicamente dende o labor de tribunais, senón tamén a través do traballo conxunto de goberno e sociedade co obxectivo de conseguir un maior grao e unha mellor calidade da solidariedade", explica.

 

FALTA REGULACIÓN SOBRE A SAÍDA DOS CIE

Outro aspecto que poñen de relevo é a falta de "regulación detallada" do proceso de saída do estranxeiro do CIE e os dereitos aos que pode acollerse entón, xa que "a práctica, puxo de manifesto que o dereito de información, comunicación e a tutela xudicial efectiva, así como a propia seguridade, non están garantidos nos casos de expulsión.

O equipo investigador, que propón a realización de enquisas dentro dos CIE  para coñecer de primeira man a magnitude desta realidade, está integrado por Miguel Ángel Ramiro Avilés (Titor da Clínica Xurídica, Profesor Titular de Filosofía do Dereito da Universidade de Alcalá e investigador de HURI-AGE) e Ángela María Andrade Perdomo, Carlos Asúnsolo Morales, José Luis Bruno Padilla, Blanca Castro Valladares, Ana Dodevska, Madeleine Maxwel Hart e Francisco José Santamaría Pliego (alumnos e alumnas da Clínica Xurídica).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas