GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados protestan en Ribeira polo seu problema con Facenda

(16/10/2013)

Emigrantes retornados protestan en Ribeira polo seu problema con Facenda

É a primeira mobilización na zona polo conflito coas pensións do estranxeiro

Ao redor de cen persoas manifestáronse durante tres cuartos de hora diante da única oficina de Facenda que hai na comarca barbancesa, situada en Santa Uxía. Estiveron na protesta veciños de concellos como Boiro, A Pobra, Porto do Son, Outes ou Noia. Só fai falta escoitarlles uns minutos para darse conta do enorme problema ao que se enfrontan.

 

Máis de 10.000 euros

Explican, cunha sensación de impotencia tremenda, que durante anos preguntaron a Facenda se tiñan que declarar esas pensións do estranxeiro. E que nunca se lles dixo que si. A sorpresa chegou cando, a partir de principios deste ano, empezáronlles a chegar cartas informándolles de que se lles ían a cobrar os atrasos por estas pagas non declaradas e a maiores tamén sancións. Algúns tiveron que desembolsar máis de 10.000 euros, e os que non o fixeron expuxéronse a que lles quedasen bloqueadas as contas. Agora, están dispostos a dar a batalla para recuperar todo ese diñeiro. Consideran que eles non foron os que defraudaron, senón que é Facenda «a que defrauda, cobrando algo inxustamente, xa que cos pensionistas de aquí non pasa».

A de onte, afirmaban algún dos manifestantes, foi só a primeira das numerosas mobilizacións que pretenden levar a cabo. Farano coordinados con outras plataformas galegas. Así ocorreu tamén onte, un día no que houbo manifestacións por este motivo noutros sitios, como é o caso do Parlamento de Galicia.

Crean unha plataforma en Muros-Noia e estase xestando outra en Arousa norte

Mentres, en Arousa norte tamén se está xestando outro colectivo. Houbo xa reunións entre afectados de sitios como Boiro e A Pobra e, de feito, moitos deles estaban onte na protesta ribeirense. De todos os xeitos, a pesar de que se estean formando estas plataformas, preténdese que o funcionamento das mesmas dependa dunha coordinadora de ámbito galego que tamén xa foi creada. Este órgano será o que marque os calendarios de mobilizacións.

Na comarca barbancesa o BNG tamén está a mobilizar aos afectados. De feito, moitas desas asembleas nas que os emigrantes retornados entraron en contacto organizounas este partido. E vai seguir facéndoo. Fontes da formación nacionalista indicaban onte que o día 25 vai haber un acto en Rianxo. Precisamente, é moi probable que nesa cita quede xa formada do todo a plataforma de Arousa norte. Onte, á protesta acudiron frontistas como Xosé Deira.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas