GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O BNG barbancés tacha de «inmorais» as reclamacións de Facenda a emigrantes

(14/10/2013)

O BNG barbancés tacha de «inmorais» as reclamacións de Facenda a emigrantes

Desde o comité comarcal do Bloque destacan que estes pensionistas, «ademais da obriga de pagamento, padecen a ameaza de sancións e intereses de demora, mesmo para persoas xa falecidas», e sinalan que as cantidades a pagar son, en moitos casos, moi elevadas e dirixidas a persoas con pensións baixas. Para o BNG, esta actitude do Goberno central «contra emigrantes galegos contrasta coa "comprensión" ofrecida aos evasores fiscais, aos que se lles concede amnistía».

Así mesmo, o Bloque recorda que as persoas ás que agora reclama facenda non recibiran información algunha e, xa que logo, «existía un total descoñecemento da obriga de facer a declaración do IRPF» polas pensións percibidas no estranxeiro. Isto, din, confirma que non existía intención algunha de defraudar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas