GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O PP do Salnés alíase cos emigrantes en contra do ministro Cristóbal Montoro

(11/10/2013)

O PP do Salnés alíase cos emigrantes en contra do ministro Cristóbal Montoro

A mancomunidade votou unanimemente a favor de que se exima aos pensionistas das sancións fiscais

 

 

A plataforma de emigrantes retornados interveu onte á noite na mancomunidade. Julián Martínez

 

«Co señor Montoro non estamos de acordo. Aos que trouxeron diñeiro a Galicia chámaselles defraudadores e aos que llo levan fóra non se lles penaliza». Estas palabras do presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, resumo o sentir da maioría do PP na comarca en relación ao requirimento do Estado para que os xubilados que cobran pensións polos anos traballados no estranxeiros tributen por elas, con multas incluídas.

O PP sumouse á moción presentada polo BNG no pleno celebrado onte pola mancomunidade pola cal se pide que se exima aos emigrantes do pagamento das sancións e que se regularice a súa situación fiscal. O consenso entre o PP, grupo maioritario, e a oposición non sempre é posible neste foro, pero onte non houbo fisuras. Durán convocou aos portavoces antes da sesión -algo que nunca fixera- para acordar un texto que recollese as inquietudes dos afectados que se achegaron a Exposalnés (Cambados), pancarta en man, para expor a súa situación. A través do portavoz da plataforma de emigrantes retornados do Salnés, Xosé Leirós, non deixaron de criticar ao ministro Montoro polo acoso económico ao que, din, está a someter a unhas persoas que no seu día alimentaron ao país cos seus divisas e que, se non tributaron polas pensións do estranxeiro, foi porque ninguén lles dixo que tiñan que facelo. Desde a plataforma saudaron con aplausos o apoio anunciado por parte de todos os grupos políticos da mancomunidade -PP, PSOE, BNG e SAL- pero Leirós non deixou escapar a ocasión de criticar aos alcaldes de Vilagarcía e Sanxenxo, ambos do PP e ausentes onte, por ter votado en contra nos seus respectivos plenos.

Os compañeiros de partido de Tomás Fole e Catalina González tiveron que escoitar o ballón, como tiveron que aguantar tamén as críticas lanzadas desde o PSOE e o BNG cara ao PP por non ter apoiado, a nivel estatal, as demandas dos pensionistas emigrantes. «Así como se lexisla para unha amnistía fiscal, pode facerse para retirar ás sancións aos xubilados», indicou o alcalde da Illa, Manel Vázquez (PSOE).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas