GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Creada en Vigo unha plataforma de emigrantes retornados para defender os seus dereitos

(11/10/2013)

Creada en Vigo unha plataforma de emigrantes retornados para defender os seus dereitos

Os afectados loitarán contra as reclamacións da Axencia Tributaria

 

A Plataforma de Emigrantes Retornados da Comarca de Vigo presentouse hoxe como un medio para facer fronte ás reclamacións que a Axencia Tributaria está a realizar co gallo da declaración de prestacións percibidas de estados estranxeiros desde o ano 2008.

Ademais das reclamacións recibidas, os afectados denuncian a imposición de sancións que, nalgúns casos, elevan o importe a devolver a cifras superiores a 20.000 euros.

Desde a Plataforma estimaron que en Vigo se atopan entre 10.000 e 15.000 persoas afectadas aínda que quixeron dar constancia do descoñecemento dalgunhas delas debido ao envío de notificacións «graduadas» para non provocar «unha protesta en masa».

O portavoz da Plataforma, Alexandre Lago, explicou os puntos principais sobre os que desde a asociación se fará fincapé.

Destacou a defensa dos dereitos e a dignidade dos retornados, a revogación dos expedientes iniciadores, o reintegro do pago, a anulación dos expedientes sancionadores, a oposición ao cobro abusivo de juros e unha modificación da Lei tributaria como solicitudes básicas do colectivo.

Sen información de que tiñan que tributar

O portavoz expresou a «indignación» do colectivo ante a «dobre vara de medir» posta en marcha polo Goberno de España ao conceder amnistías fiscais a defraudadores e realizar unha «actuación policial» con emigrantes que «en ningún momento» foron informados sobre a súa obrigación de tributar en España.

Así mesmo mostrou a súa desconformidade co cualificativo «defraudador» imposto por Facenda ao tratarse de traballadores que retornaban as súas ganancias a Galicia e que non se negaron a tributar no país.

«Os propios funcionarios dixéronnos que non facía falta e agora imponnos sancións por non facelo» criticou.

Durante a súa intervención, Alexandre Lago fixo referencia á normativa comunitaria que prohibe o tributo en 2 países polo mesmo concepto e incidiu sobre o perfil de afectados «xente maior, pertencente ao rural» que conta con poucos medios para defenderse.

A Plataforma, enmarcada dentro da coordinadora nacional asentada en Santiago de Compostela, anunciou que o próximo día 15 realizará o seu primeiro acto reivindicativo fronte ao Parlamento Galego con motivo do debate sobre o estado da Nación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas