GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europa: unha lei de inmigración para cada país

(09/10/2013)

Europa: unha lei de inmigración para cada país

-A Lei Bossi-Fini de Italia, a máis restritiva
-Reino Unido planea un endurecemento da súa norma
-Alemaña é o país que máis inmigrantes e refuxiados recibe

Inmigrantes en Tarifa, España

Inmigrantes en Tarifa, España.AFP PHOTO/ MARCOS MORENO


NÚMERO DE INMIGRANTES IRREGULARES (estimado, xaneiro-xuño de 2013, fonte: Frontex)
- Ruta do Mediterráneo occidental (dende o Norte de África cara a España): máis de 4.000
- Ruta do Mediterráneo central (cara ás illas italianas de Sicilia e Lampedusa): máis de 31.000
- Ruta do Mediterráneo Oriental (dende Turquía a Grecia e Bulgaria): máis de 15.000
- Oeste dos Balcáns: máis de 15.000

INMIGRANTES DE LONGA DURACIÓN (2011, fonte: Eurostat):

Reino Unido: 566.044
Alemaña: 489.422
Italia: 385.793
Francia: 267.367
Suíza: 148.799
Grecia: 110.823
Austria: 104.354


ESPAÑA: 371.331 PETICIÓNS DE ASILO (2012, fonte: ACNUR)

Alemaña: 64.500
Francia: 54.900
Suecia: 43.900
Reino UnidO: 27.400
Suíza: 25.900
Bélxica: 18.500
Austria: 17.400
Italia: 15.700
ESPAÑA: 2.579

RTVE.es 08.10.2013

A política de control de fronteiras e de inmigración segue en mans de cada estado membro da UE. Aínda que as normas de inmigración son similares, danse casos como a lei italiana, que é especialmente restritiva.

-UE: Existe lexislación da Unión para regular as entradas e saídas de curta duración (inferiores a 3 meses), a estanza de estudantes e traballadores cualificados (coa chamada "tarxeta azul", similitar á "tarxeta verde" que permite a entrada en EUA) e estase a desenvolver normativa para traballadores temporais. A "Directiva de Retorno" establece as condicións para que os países cooperen na repatriación de inmigrantes irregulares. A norma abre a vía ao retorno voluntario e medidas para internar os inmigrantes en centros de detención ata a súa deportación. As leis comúns que regulan a integración, en cambio, si están moi desenvolvidas.

-Italia: A Lei Bossi-Fini (2002), nomeada así polos seus promotores, Umberto Bossi (Liga Norte) e Gianfranco Fini (Alianza Nacional). Considera a entrada irregular como un delito e criminaliza a axuda aos inmigrantes, en ambos os dous casos con penas de multa. A lei establece ademais un "contrato de residencia" que liga ao inmigrante a un empregador concreto, perdendo, ademais do traballo, tamén o dereito de residencia. En caso de expulsión, o inmigrante debe volver ao seu país de orixe ou procedencia.

 -España: A Lei de Estranxeiría de 2000, con varias modificacións, considera os supostos anteriores como infraccións penadas con multa, aínda que iso non libra os inmigrantes de rematar nun Centro de Internamento de Estranxeiros (CIES) durante o tempo que tarde en ser expulsado. O trato nestes centros foi denunciado en numerosas ocasións polas organizacións humanitarias.

-Francia: A polémica norma de 2010 endurece a obtención da nacionalidade, dificulta o reagrupamento familiar e axiliza as expulsións.

-Reino Unido: O goberno de David Cameron planea unha reforma coa Lei de Inmigración (Inmigration Bill), co obxectivo de seleccionar os inmigrantes que entran ao país e simplificar os trámites de deportación. Pretende ademais impedir o recurso a entidades superiores en caso de negociación de asilo. Os inmigrantes que estean pouco tempo terán que pagar os seus gastos sanitarios e os propietarios de vivendas deberán comprobar o status dos seus inquilinos.

-Alemaña: Unha lei de 2005 pon o acento na integración e permite quedar máis tempo aos inmigrantes cualificados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas