GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Preocupación entre os emigrantes retornados de Xallas-Barcala polas pensións

(08/10/2013)

Preocupación entre os emigrantes retornados de Xallas-Barcala polas pensións

 

Os emigrantes retornados das comarcas de Xallas e Barcala, aos que Facenda quere obrigar a tributar polas súas pensións, están chamados a acudir este venres ao Multiusos de Santa Comba, onde a partir das sete da tarde terá lugar unha charla informativa promovida pola nova asociación Costa da Morte de pensionistas retornados europeos, que foi solicitada polos emigrantes retornados de Santa Comba.

Segundo afirma o tesoureiro da entidade, José María Rocha, agora o máis importante é que os afectados sexan conscientes de todos os pormenores dos seus casos para facer fronte ás reclamacións que lles poidan vir o próximo ano. Para iso, insiste, hai que ter en conta o que di a Federación Española de Asociacións de Emigrantes Retornados, que recalca que «ata o 2012 as pensións públicas percibidas de Alemaña non están suxeitas a tributación en España en base ao convenio entre ambos os países».

 

Local en Vimianzo

A entidade dispón dun local, cedido por un dos afectados, na rúa da Torre, na localidade de Vimianzo, o cal permanece aberto os luns e os xoves para facilitar información. Os afectados inciden en que Facenda, ata o momento, nunca lle reclamou eses impostos e que as súas pensións «nin sequera aparecían nos borradores emitidos polo propio ministerio», co que José María Rocha fai un chamamento aos implicados para facer forza «todos xuntos», reclamando nin máis nin menos que o que consideran os seus dereitos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas