GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mil afectados no Val Miñor e O Baixo Miño polas pensións estranxeiras

(08/10/2013)

Mil afectados no Val Miñor e O Baixo Miño polas pensións estranxeiras

Facenda impuxo xa multas de 15.000 euros por non declarar 60 ao mes

A lei obrígalles. Aínda que o monto das súas pensións non alcance o mínimo, están obrigados a declarar por ter ingresos de dous pagadores que superan os 11.200 euros ao ano. A Axencia Tributaria argumenta que esta investigación, coas multas que xa están a chegar aos que non declararon as súas pensións estranxeiras, faise agora porque se axilizou o intercambio de información con outros países. «É unha persecución aos que nos marchamos ao estranxeiro a traballar para levantar o país e agora queren facernos pagar a nós os soldos de catro bandidos», considera Jesús López. É un sentir bastante estendido do que xa xurdiron plataformas de afectados como a do Morrazo. Agora pretenden constituír unha cos xubilados do Baixo Miño e O Val Miñor que estean nesta situación. «Varios xa teñen multas de ata 15.000 euros encima da mesa», indica Jesús López. Para iso convocan a todos á reunión informativa que terá lugar mañá, ás sete da tarde no local da Casa do Mar de Baiona.

Uns sosteñen que non sabían que había que tributar por eses pequenos ingresos; outros que a propia Facenda lles dixo que non era preciso. Os ingresos mensuais que lles obrigan a declarar «están entre os 40 e 95 euros como máximo», explican. A suma media do perfil rolda, indican os 600 euros ao anos «polos que xa declaramos en cada país de orixe». Jesús López é dese grupo, así que o seu caso é extrapolable ao de centos de veciños da zona.

A el advertíronlle a tempo e fixo este ano as últimas tres declaracións. Non ten multa, pero se recarga, así que os 95 euros xermanos que percibiu ao mes, acábanlle de custar un ingreso á Axencia Tributaria de 2.300 euros. A situación aínda se complica máis entre os que emigraron a varios países, advirte. E o peor non é volver facer as declaracións desde 2008, senón que aínda que sexa insignificante a percepción estranxeira, a suma de recargas faríana inasumible para calquera pensionista. Confían en que uníndose poidan aliviar a carga.

Os afectados manifestáronse no verán en xullo no Morrazo e en Pontevedra, baixo o lema «Somos emigrantes, non defraudadores».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas