GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O presuposto para Inmigración e Emigración baixa un 1,5 por cento en 2014

(08/10/2013)

O presuposto para Inmigración e Emigración baixa un 1,5 por cento en 2014

Axencia EFE

Madrid, 7 outubro (EFE).- A Secretaría Xeral de Inmigración e Emigración contará en 2014 con 139.884.840 euros para accións en favor dos inmigrantes residentes en España e as políticas destinadas aos españois que viven no exterior, o que supón unha redución do 1,5 por cento respecto a 2013.

A secretaria xeral do ramo, Marina del Corral, detallou no Congreso os presupostos do seu departamento para o próximo ano que, segundo explicou, conxugaron os axustes coa "firme vontade" de garantir as necesidades básicas dos emigrantes españois, manter a acción humanitaria dos inmigrantes e refuxiados e favorecer a integración.

A contía da Secretaría Xeral podería alcanzar os 174,88 millóns se se engaden as previsións dos fondos europeos nas actuacións cofinanciadas, "que se estiman que alcancen os 35 millóns de euros" no capítulo das accións en favor dos inmigrantes, que nos Presupostos Xerais do Estado está dotado de 61,66 millóns.

Dos máis de 61 millóns de euros, 3,44 serán para as medidas de actuación con menores non acompañados, en tanto que o crédito para a atención humanitaria aos estranxeiros que chegaron de forma irregular a España será de 6,15 millóns, unha cifra que se mantivo respecto ao pasado ano ao consideralo o Executivo un programa prioritario.
Cruz Vermella terá unha subvención de preto de dous millóns de euros para a atención humanitaria urxente dos 'sen papeis' chegados ás costas españolas.

Para a atención de refuxiados, solicitantes de asilo e beneficiarios de protección social destinaranse ao igual que en 2013 nove millóns de euros, mentres que ao redor de doce millóns serán para os centros de estanza temporal de inmigrantes e os centros de acollida a refuxiados.

Neste sentido, Del Corral subliñou que se negociou coa Comisión Europea o compromiso de que os gastos correspondentes aos servizos de acollida que se presten nos centros de estanza temporal sexan considerados "cofinanciables" polo novo fondo de asilo e inmigración, que iniciará a súa andaina a principios de 2014.

Os presupostos consideran, así mesmo, unha dotación global de 11,42 millóns de euros para as subvencións a entidades e ONG, en réxime de concorrencia competitiva, na área de integración de inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional.

Mantéñense 2,4 millóns de euros para facilitar o retorno voluntario.

Respecto ás accións relacionadas cos españois no exterior, Del Corral previu un total de 75,17 millóns de euros (1,5 millóns menos que en 2013).

A diminución da partida débese, dixo, a caída de beneficiarios, polo que non afecta "en absoluto" ao nivel de protección social dispensada.

Para as prestacións por razón de necesidade a aqueles españois que teñan máis de 65 anos ou incapacitados e non teñan ingresos dedicaranse a maior parte do presuposto: 60 millóns de euros, 750.000 euros menos que en 2013.

Os perceptores desta prestación caeron á metade en catro anos, de forma que se en 2009 eran 44.491, no terceiro trimestre deste ano, a cifra era de 21.328.

As pensións de ancianidade dos españois retornados que acrediten insuficiencia de recursos contarán con algo máis dun millón de euros.

Ademais, a prestación concedida aos "nenos da Guerra Civil" será de 8,9 millóns de euros, tamén inferior ao ano anterior "acorde co descenso do número de beneficiarios".

Na súa intervención, Doel Corral lamentou a traxedia de Lampedusa (Italia), ao igual que a deputada socialista, Esperanza Estévez, quen sobre os presupostos da secretaría xeral dixo que parecen estar "nunha especie de coma inducida".

A xuízo de Estévez, as contas non abordan a integración dos inmigrantes en España, mentres que o deputado da Esquerda Plural Joan Coscubiela mostrou a súa preocupación pola redución cada ano do presuposto. EFE

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas