GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración duplicouse dende o inicio da crise

(27/09/2013)

A emigración duplicouse dende o inicio da crise

En 2012, 56.392 cidadáns de nacionalidade española abandonaron o país, un 6,7% máis que en 2011

26.09.2013 | EUROPA PRESS

Madrid. O número de emigrantes españois duplicouse dende 2007, ano de inicio da crise, ata 2012, a maioría en busca de oportunidades laborais e con Ecuador e Reino Unido como principais destinos, segundo un informe de Asempleo, a patronal de axencias de colocación.

Só en 2012, un total de 56.392 cidadáns de nacionalidade española abandonaron o país, un 6,7% máis que en 2011. A metade deles (26.968) emigrou a Europa, principalmente ao Reino Unido (6.351), Francia (5.454), Alemaña (4.392), Suíza (2.839) e Bélxica (2.335).

Ao contrario do que adoita ser habitual, en 2012 emigraron máis españois a América (24.259) que á UE-27, destino que o ano pasado elixiron 22.876 españois.

Dentro de América, Ecuador foi o país que máis emigrantes españois recibiu o ano pasado, 6.425, case o dobre dos que acolleu Estados Unidos (3.961) e o triplo dos que viaxaron a Arxentina (2.069), historicamente os dous países que máis atractivos eran para os españois emigrantes.

Deste xeito, Ecuador foi o país que máis emigrantes españois atraeu en 2012, por diante do Reino Unido, feito que Asempleo relaciona coa "forte campaña" do país andino para recrutar man de obra española cualificada e ao retorno dos cidadáns ecuatorianos que obtiveron a nacionalidade española despois de traballar en España durante anos.

Dos máis de 56.000 emigrantes españois contabilizados en 2012, sete de cada dez estaban en idade de traballar (16-64 anos). En termos absolutos, foron os de 25 a 34 anos os que máis abandonaron España (15.111), seguidos dos de 35 a 44 anos (11.893).

Dende 2007, as comunidades que máis incrementaron o seu número de emigrantes foron Murcia e Navarra (máis do triplo) e Comunidade Valenciana (+145,7%), mentres que os menores repuntes os rexistraron País Vasco (+25,7%) e Castela e León (+34,5%).

Dende 2007, o grupo de idade que máis elevou as súas emigracións foi o de 35 a 44 anos, cun 144%, seguido dos de 45 a 54 anos (+140,6%) e os de 16 a 24 anos (+96,7%). Onde menos se incrementaron foi entre os mozos de 25 a 34 anos (un 60,3%).

Once das 17 comunidades autónomas rexistraron o ano pasado máis emigrantes que en 2012, destacando os crecementos de Murcia (+27,8%), Baleares (+23,6%) e Comunidade Valenciana (+17,9%). Entre os descensos, os máis significativos anotáronllos Castela e León (-15,4%), Galicia (-7,9%) e País Vasco (-7,3%).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas