GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense é a provincia galega con menos empregados estranxeiros

(25/09/2013)

Ourense é a provincia galega con menos empregados estranxeiros

Os afiliados foráneos á Seguridade Social caeron un 9 % nun ano

 

 

A hostalería é un dos sectores que aglutina a máis traballadores estranxeiros. santi m. amil

 

O número de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social na provincia de Ourense mantívose estable durante o último mes de agosto. O balance de altas e baixas deu como resultado unha variación de cero persoas, nun mes que adoita ser positivo para as cifras de emprego. De acordo cos datos que onte facilitou o Ministerio de Traballo, na provincia ourensá hai un total de 4.006 persoas foráneas dadas de alta. Supón a cifra máis baixa de Galicia ao situarse por detrás de Lugo (4.747), Pontevedra (11.229) e A Coruña (11.291). Deles, 2.142 pertencen da Unión Europea.

Esa estabilidade no emprego para estranxeiros no último mes choca coa comparativa interanual, na que a provincia perdeu a 401 traballadores foráneos, o que supón un -9,1 %. Trátase dunha cifra lixeiramente inferior á media galega (-9,94 %) e á nacional (-,8,05). Os datos tamén deixan de manifesto, se se cruzan cos do resto de afiliados, que a perda de emprego entre estranxeiros foi máis acentuada no último ano no caso de Ourense, xa que ese descenso do 9 % supera con fartura a caída na afiliación en termos absolutos do -2,5 % ata deixar á provincia de novo cerca do limiar dos 100.000 afiliados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas