GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O director de Casa África descarta un repunte da inmigración irregular

(25/09/2013)

O director de Casa África descarta un repunte da inmigración irregular


24-09-2013 / EFE / ABC

O director xeral de Casa África, Santiago Martínez-Caro, defendeu hoxe que o aumento da chegada irregular de inmigrantes ás costas españolas pode estar motivado por "factores climáticos ou conxunturais", pero non pode considerarse "un repunte" dese fenómeno.

"A miña impresión persoal é que non existe un repunte. Quizais teña que ver con factores climáticos ou conxunturais, pero un repunte, como tal, eu non o vexo, dende logo," declarou Martínez-Caro ao preguntárselle polo incremento nos últimos meses do número de africanos que entraron ou intentaron entrar de forma irregular en España por distintas vías, tras épocas nas que descendera.

O director xeral de Casa África matizou, en todo caso, que a súa era unha opinión persoal e non baseada en informes ou datos concretos sobre a evolución do fenómeno da inmigración irregular.

"Non é un tema do que eu estea moito máis informado que o público pola prensa", advertiu a ese respecto.

"O que si podo dicir é que, tanto por parte das autoridades españolas, a todos os niveis, como por parte dos países do noso ámbito inmediato, na costa occidental africana están postas todas as medidas. Estase a traballar moi ben, existe unha cooperación moi fluída e eu un repunte non o vexo", dixo.

Santiago Martínez-Caro expresou ese parecer en declaracións feitas a xornalistas antes de presentar unha conferencia sobre "Oportunidades de negocio en Sudáfrica" ofrecida pola embaixadora en España dese país Fikile Magubane, na sede de Casa África, en Las Palmas de Gran Canaria.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas