GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo. Os pensionistas do estranxeiro piden aos partidos políticos que non os usen no seu beneficio

(23/09/2013)

Os pensionistas do estranxeiro piden aos partidos políticos que non os usen no seu beneficio

O vimiancés José María Rocha, tesoureiro da entidade, referiuse concretamente aos actos organizados por Compromiso por Galicia, que hoxe continúan ás 21.00 horas no restaurante Molesón de Santa Comba. «Non temos nada que dicir dos partidos políticos porque todos estamos tirando para o mesmo lado, pero a xente debe saber que cada un ten os seus intereses e nós non deberiamos entrar niso. Hay plataformas en Cangas, en Lugo, a que se acaba de crear en Ourense e máis a nosa, que están integradas polos propios afectados e que non persiguen outros fins que a defensa dos nosos dereitos», asegura Rocha.

A plataforma da Costa da Morte conta xa con 260 socios aínda que os seus promotores pensan que pronto serán máis cando se concreten os ingresos bancarios e as afiliacións de moita xente que estes días está a chamar para pedir información.

Precisamente a ese efecto hoxe abre a oficina da rúa da Torre, en13 Vimianzo, que tamén estará activa os xoves. Ademais, os representantes da entidade reuniranse ás 17.00 horas con responsables de Facenda na Coruña e ás 19.30, con integrantes das plataformas das preferentes en Arteixo. O obxectivo é coñecer de primeira man a postura da Administración, que polo momento xa paralizou o cobro das multas, e establecer contactos con asociacións que tamén mantén posturas reivindicativas similares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas