GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Lama. Veciños de Xesta restauran dous símbolos da emigración

(23/09/2013)

Veciños de Xesta restauran dous símbolos da emigración

redacción 20.09.2013 | Faro

Una de las esculturas restauradas. // Faro
Unha das esculturas restauradas. // Faro

A Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta restaurou dous dos símbolos máis importantes sobre a emigración no municipio da Lama, os dedicados a Isolino Pumar Trigo. Pumar foi un veciño de Xesta que se encargou, entre outras cousas de facer unha colecta entre os emigrantes en México e tramitar as xestións ante o goberno da época, para ampliar a estrada dende Xesta ata as aldeas de , A Grifa, Pigarzos e Campelo, así como a conexión de teléfono.

Os traballos consistiron na limpeza dun obelisco privado, realizado por encarga da súa viúva e fillas, así como da praza que o rodea. Pintáronse as letras dos epígrafes e colocáronse adornos florais. No caso do busto de bronce, déuselle un tratamento para o metal, así como a limpeza da pedra e os epígrafes.

Conta a historia, que tramitou directamente co ministro da época a xestión da colocación do teléfono. E cando estivo instalado, a primeira chamada realizouna Isolino ao ministro agradecendo as xestións. Estes traballos da Asociación forman parte das actividades dunha brigada de voluntarios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas