GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santa Comba e Río de Janeiro referendan a súa relación de amizade

(23/09/2013)

Santa Comba e Río de Janeiro referendan a súa relación de amizade

Unha «feixoada» puxo fin aos actos de irmandade Xallas-Río. forxán

 

Unha feixoada puxo o colofón aos actos conmemorativos do quince aniversario do irmandamento entre o municipio de Santa Comba e a cidade de Río de Janeiro. O restaurante O Fogón do Xantar acolleu a degustación desta comida típica brasileira á que asistiron setenta comensais, na súa maioría emigrantes retornados, e outros que se atopan de vacacións en Galicia.

Da preparación da feixoada encargáronse o vereador da área de Turismo da Cámara Municipal de Río de Janeiro, Elton Hauate, e o seu asesor, Julio César Barcelos. Asistiron o alcalde xalleiro, Antonio Landeira Gallardo; e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Mirando, ademais de personaxes como Manolo Rieiro, o xalleiro que é nexo de unión entre ambos os pobos, ademais do ex presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, a quen se lle entregou unha moción da Cámara de Río recoñecendo a súa traxectoria.

Atrás quedaron dúas semanas de múltiples actos e visitas da delegación da capital carioca, entre outros ao Parlamento de Galicia, ou ao Concello da Coruña, onde foron recibidos polo seu rexedor, Carlos Negreira, quen naceu precisamente en Río de Janeiro, aínda que de pais xalleiros. Segundo Antonio Landeira, a visita supuxo «seguir profundizando nas relacións entre Santa Comba e Río de Janeiro, algo que imos reforzar», á vez que se congratulou dos acordos de colaboración abertos coa Xunta en materia turística, logo da entrevista mantida polo vereador coa directora xeral de Turismo, Nava Castro, máxime tendo en conta que Río é hoxe un dos principais destinos do planeta pola celebración do Mundial de fútbol e as Olimpíadas, mentres que Galicia mantén o tirón do Camiño de Santiago.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas