GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alemaña busca na Coruña enxeñeiros que dominen o inglés

(16/09/2013)

Alemaña busca na Coruña enxeñeiros que dominen o inglés

A empresa Avantalion Group entrevistou desde primeira hora da mañá de onte a decenas de candidatos

 

Por fin Avantalion Group, a empresa alemá que estivo a buscar enxeñeiros na Coruña desde o pasado día 1, puido entrevistar persoalmente aos seus candidatos. Citounos onte no hotel Eurostars, nunha maratoniana xornada na que Jürden Janovsky, o directivo que comezou coa selección, non estivo só.

E é que se xa se puxo en contacto con el a empresa West House para sumarse á súa procura de empregados á vista da gran cantidade de solicitudes, finalmente acudiu á cita unha terceira compañía: pe.Kom. Así, ás dez da mañá comezou un goteo incesante de mozos en busca de traballo que non cesou ata preto das sete da tarde. Ían entrando en grupos de aproximadamente trinta persoas, coa tensión do que non sabe moi ben ao que se enfronta.

 

Perfectamente vestidos

Os candidatos chegaban ao hotel perfectamente ataviados, ao máis puro estilo executivo. Candidatos como Ángeles Oñate, unha moza de 25 anos cun ano e medio de experiencia laboral, licenciada en ADE, cun máster e cun alto nivel de inglés. Porque sen saber inglés, neste tipo de empresas non se consegue nada. De feito, os currículos persoais debían ser enviados nese idioma e así se comunicaron con todos e cada un dos candidatos durante o día de onte. Ángeles mostrou o correo de confirmación da entrevista, no que figuraba que a súa cita era ás 13.50 horas. Pero ás dez da mañá xa estaba alí esperando. «Pon que esteamos dispoñibles durante a mañá, así que me vin xa», dixo. O mesmo fixeron moitos outros, que ante a dúbida se presentaron coa máxima antelación.

Ao final do día, a empresa alemá seleccionara a unha fornada de cerebros que se levará da Coruña. E moitos outros tiveron que resignarse a seguir esperando unha nova oportunidade laboral.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas