GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Rueda e Rodríguez Miranda participaron no Día de Galicia en Asturias

(16/09/2013)

Rueda e Rodríguez Miranda participaron no Día de Galicia en Asturias

Redacción, Oviedo | 15 Setembro 2013 -Cronicas da Emigración

Alfonso Rueda, durante su intervención en el acto.

Alfonso Rueda, durante a súa intervención no acto.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron este domingo á imposición das insignias de ouro da Asociación Día de Galicia en Asturias. Os premiados foron Agustín Iglesias, alcalde de Oviedo, e Miguel Carballeda, presidente da ONCE.

No seu discurso, Rueda recordou que este ano o día grande de Galicia viuse tinguido de loito pola traxedia ferroviaria de Santiago de Compostela; pero que tamén se puxeron de manifesto dúas características inherentes do pobo galego e das que dixo sentirse moi orgulloso: a vocación de servizo público e a solidariedade cidadá.

Neste sentido, felicitou os máis de 3.000 profesionais que deron o mellor de si o día do sinistro -bombeiros, policías, médicos, psicólogos... - como aos veciños da parroquia de Angrois e aos miles de doadores de sangue que acudiron desinteresadamente aos principais centros de transfusións galegos.

Por último, o vicepresidente aproveitou para agradecer tamén ás autoridades do Principado a súa inmediata oferta de axuda e os medios que puxeron ao alcance da Xunta o día do accidente; demostrando que existe unha colaboración moi estreita entre ambas as dúas comunidades e que, como non pode ser doutro xeito, esta cooperación seguirá avanzando e fortalecéndose.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas