GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Estrada. Inician unha recollida de firmas contra as multas a pensionistas

(10/09/2013)

Inician unha recollida de firmas contra as multas a pensionistas

A Estrada activa unha plataforma de afectados para anular as sancións

A Estrada activou unha plataforma de afectados polas multas impostas pola Axencia Tributaria a persoas que cobraban pensións do estranxeiro que non declaraban. A primeira das súas medidas será a recollida de firmas para esixir a anulación dos expedientes sancionadores, a devolución do diñeiro a quen xa pagaron as multas e a paralización dos requirimentos. Os integrantes da plataforma iniciaron xa a recollida de firmas de forma individual nos seus barrios e parroquias. No entanto, mañá mércores a plataforma aproveitará a xornada de feira local para facer unha recollida conxunta. Instalarán un posto na Praza da Feira -xunto á pescadería Carbia- no que se informará sobre a problemática e animarase a apoiar a causa dos pensionistas a todos os transeúntes. A caseta funcionará de 11.00 a 13.00 horas.

 

Esperando incorporacións

A plataforma de afectados naceu por mor da reunión informativa promovida polo BNG e celebrada o mércores pasado no teatro Principal. Daquela asemblea xurdiu un grupo local para defender os intereses dos afectados. O xerme constituínte está integrado por 16 persoas, pero a plataforma espera que as adhesións vaian crecendo nas próximas semanas. Os promotores están convencidos de que cantos máis integrantes somen maior será a súa capacidade de presión. Oito dos membros constituíntes da plataforma ofreceron onte pola tarde unha rolda de prensa para dar a coñecer o colectivo e os seus obxectivos.

A plataforma aínda non se organizou internamente e non elixiu presidente ou portavoz. Onte falou en nome de todos Ana Rodríguez -filla dun dos afectados-, que animou aos estradenses a sumar apoios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas