GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

España debe tramitar de xeito individual a chegada irregular de persoas subsaharianas

(14/08/2013)

España debe tramitar de xeito individual a chegada irregular de persoas subsaharianas

Nos últimas días chegaron ás costas españolas varias embarcacións nas que viaxaban numerosos subsaharianos en busca dunha nova vida

www.parainmigrantes.info agosto 13, 2013

Nos últimos días chegaron ás costas españolas varias embarcacións procedentes de África nas que viaxaban numerosos subsaharianos en busca dunha nova vida.

A pesar da crise e da actual situación de España, seguen chegando ás costas de España decenas de cidadáns, que arriscan a súa vida cruzando o estreito en embarcacións cada vez máis inseguras.

Ante estes feitos, diversos colectivos e asociacións estanse pronunciado para expresar a súa opinión. É o caso da Rede Acoge, que nos enviou este comunicado expresando a súa opinión ante os últimos intentos de inmigrantes subsaharianos de chegar á Península:

"Ante os últimos rescates no Estreito de Xibraltar de persoas procedentes, na súa maioría, da África Subsahariana, Rede Acoge recorda que o Goberno español ha de tramitar os expedientes de cada un de xeito individual e respectar o dereito á solicitude de asilo de cada inmigrante.

Moitas destas persoas foxen de conflitos armados, en lugares como Malí ou a República Centroafricana, ou doutras violacións de dereitos humanos que se producen nos seus lugares de orixe. As responsabilidades que tanto o Estado español coma a Unión Europea no seu conxunto subscribiron en virtude de tratados internacionais, obríganlles a garantir a protección axeitada a estas persoas.

A chegada en balsas inchables prodúcense como consecuencia do desespero dos que non teñen outra opción e ante as trabas que a Unión Europea pon á concesión de visados para que as chegadas se realicen de xeito regular.

Por outra parte, as redadas intensivas a inmigrantes que Marrocos leva a cabo en lugares como o monte Gurugú, a escasos quilómetros de Melilla, con violacións graves de dereitos humanos, precipitaron os últimos intentos por alcanzar a Península.

A pesar de todo, non podemos falar de chegadas masivas de inmigrantes, máis se cabe cando o número de persoas que intentaron cruzar o Estreito é menor ao de hai anos", declarou Mónica García, directora de Rede Acoge. "Non podemos alarmar á sociedade falando de ondadas, senón que  recordar que estamos ante emerxencias humanitarias", engadiu. "

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas