GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alarma ante a chegada masiva de inmigrantes no Estreito

(14/08/2013)

Alarma ante a chegada masiva de inmigrantes no Estreito

Moitos chegan a bordo de barcas inchables de praia, case de xoguete, moi inestables

Un dos feitos que mellor explican que este fenómeno se disparase é a facilidade e o abaratamento que supón para os inmigrantes acceder a unha lancha inchable, case de xoguete, fronte ás máis custosas pateras da pasada década.

Fontes de Cruz Vermella sinalaron a Efe que moitos inmigrantes compran estas lanchas precarias en grupos reducidos e pola súa conta para evitar pagar os aproximadamente 900 euros que esixen, por persoa, as mafias que se dedican a organizar as viaxes clandestinas para atravesar noutros medios menos rudimentarios os escasos vinte quilómetros de mar que separan as costas de Marrocos e as de Cádiz.

Pateras, caiucos e lanchas inchables de tipo zodiac, por precarias que poidan resultar cando o mar do estreito se encrespa, ofrecen unhas condicións de navegación moito mais seguras que unha balsa de praia, na que poden chegar a intentar cruzar o estreito ata 10 persoas.

A utilización das lanchas inchables de xoguete como medio para a inmigración no Estreito, segundo as fontes consultadas por Efe, comezou a xeneralizarse a partir de 2011.

Os inmigrantes que son rescatados no camiño xa contaron como compran en grupos pequenos estas embarcacións de xoguete en bazares do norte de Marrocos, segundo sinalou Israel Díaz, presidente da Asemblea de Cruz Vermella en Tarifa.

Con este método, no entanto, non se libran das trampas, porque os vendedores, coñecedores do fin para o que as queren, abusan da súa necesidade e véndenllas a prezos que oscilan ao redor dos 400 euros, cando en España estas balsas de xoguete teñen un prezo medio de entre 60 e 80 euros.

O método, segundo explican as fontes policiais consultadas por Efe, incrementa os riscos da travesía, dado que navegan pola súa conta, sen a presenza dun piloto que tripule a embarcación, e nunhas balsas que non están homologadas para navegar, nin moito menos para enfrontarse ao frecuente paso no Estreito de buques mercantes, o que constitúe unha seria ameaza de naufraxio.

As mesmas fontes explican que os marroquís eluden navegar nestas embarcacións, polo que unha ampla maioría dos rescatados nas mesmas son de orixe subsahariana.

Nos últimos catro días xa se rescatou no Estreito a máis 200 inmigrantes subsaharianos a bordo de 31 lanchas inchables de xoguete.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas