GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Incrementan os controis na fronteira con Marrocos para evitar a inmigración irregular

(05/08/2013)

Incrementan os controis na fronteira con Marrocos para evitar a inmigración irregular


03-08-2013 / ABC / EFE

A Garda Civil e a Policía Nacional incrementaron os controis na fronteira que separa a cidade de Marrocos para evitar a entrada irregular de inmigrantes, sobre todo marroquís, aproveitando o elevado número de persoas que utilizan estes días o paso fronteirizo.

Segundo informaron a Efe fontes policiais, os controis aumentáronse como consecuencia do desenvolvemento das Festas Patronais así como da Operación Paso do Estreito (OPE), o que provoca que moitos inmigrantes intenten aproveitar o máximo tránsito pola alfándega para introducirse ilegalmente.

Os axentes incrementaron os controis sobre os vehículos así como na documentación das persoas que pasan a alfándega do Tarajal.

Os inmigrantes, principalmente marroquís e subsaharianos, intentan estes días entrar en Ceuta de forma clandestina para posteriormente introducirse nos camións dos empresarios das atraccións de Feira para cruzar o Estreito de Xibraltar.

Por este motivo, a Delegación do Goberno anunciou a posta en marcha da denominada "Operación Feirante" que se iniciará na madrugada do 5 de agosto para impedir que os inmigrantes se introduzan nos camións das atraccións de Feira.

Máis de 50 axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Local formarán parte deste dispositivo.

A alfándega do Tarajal que separa Ceuta de Marrocos adoita ser transitada diariamente por máis de 20.000 persoas e máis de 2.500 vehículos, unha cifra que se duplica nestas xornadas polo turismo e a OPE, principalmente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas