GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes en Suíza, coas vítimas do Alvia

(02/08/2013)

Emigrantes en Suíza, coas vítimas do Alvia

A deputada Loly Bolay, durante a súa intervención. Demir SÖNMEZ

Colectivos de emigrantes galegos en Suíza tamén se sumaron á homenaxe ás vítimas do tren que descarrilou a semana pasada en Santiago. Fixérono cunha misa celebrada na igrexa do Sacro Corazón, baixo a organización dos colectivos Cerceda, Tordoia, A Nosa Galicia, Galaica Onex e Irmandade Galega. Nestas entidades figuran centenares de emigrantes orixinarios da comarca.

O discurso principal correu a cargo da deputada cantonal Loly Bolay, natural de Corme, quen resaltou o terrible do drama e preguntouse polas causas que puideron provocalo.

 

Autoridades

Ao acto, moi emotivo, acudiron numerosas autoridades. Entre elas, o cónsul xeral de España, o embaixador de Suíza ante a ONU (nacido en Ourense), o presidente do goberno cantonal e outros representantes deste departamento, de municipios da zona, e da cidade de Xenebra, entre as que destacaba a súa alcaldesa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas