GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mozos europeos analizan en Lalín problemas que comparten

(29/07/2013)

Mozos europeos analizan en Lalín problemas que comparten

Abordan accións comúns para combater o paro ou activar a innovación

O aumento do paro entre os menores de 25 anos, a falta de axudas para os seus proxectos de innovación ou emprendemento vívese no noso país, pero outros moitos países europeos non son alleos a esta situación. Para abordar esa situación e avaliar pautas comúns co fin de activar medidas que palíen esas e outras problemáticas que afectan aos mozos desenvólvese estes días en Lalín un encontro no que participan representantes de sete países.

Vivindo en Europa, construíndo Europa denomínase este proxecto con presenza de 63 mozos de Austria, Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Eslovaquia e España. Desde o pasado luns alóxanse no albergue lalinense de Mouriscade, base de operacións para un programa que concluirá o día 31. A través de dinámicas de grupo, reunións e debates avalíase de forma conxunta problemas que afectan a estes mozos á marxe do seu país de orixe. Pero ademais se busca intercambiar experiencias que poidan axudar a establecer pautas para favorecer unha solución a cuestións como o crecente paro xuvenil, as dificultades para emprender e innovar, ademais de analizar o seu papel como cidadáns europeos e os seus dereitos.

 

O Comité de Irmanamento de Lalín (Cirla) promove este intercambio, o oitavo desde a súa fundación en 1998. Un colectivo que promoveu ademais a inclusión do municipio dezán na federación de cidades europeas Linden saúda Linden no 2004.

O programa que concluirá o día 31, ademais dos debates e reunións, tamén conta cunha parte lúdica e formativa. Hoxe está previsto que visiten en Pontevedra proxectos de boas prácticas en iniciativas xuvenís, así como Combarro e O Grove. Mañá será o avaliación final do encontro e os espectáculos finais de despedida en Mouriscade.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas