GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vilagarcía irmandarase con Colón, en México

(17/07/2013)

Vilagarcía irmandarase con Colón, en México

Fole viste o zarape, poncho co que o obsequiou o alcalde de Colón.

 

Se o festival das dúas culturas serviu durante o fin de semana unha mestizaxe gastronómica, cultural e musical entre México e Galicia, onte chegou a quenda da súa vertente institucional. Os alcaldes de Vilagarcía, Tomás Fole, e de Colón (pertencente ao Estado de Querétaro), Alejandro Arteaga, asinaban en Ravella un protocolo no que manifestan a intención de avanzar cara ao irmandamento de ambos os municipios.

Colón ten unha poboación de 64.000 persoas distribuídas en pequenos asentamentos non do todo ben comunicados. Neste sentido, a embaixada mexicana interésase especialmente pola forma na que desde municipios como Vilagarcía se prestan servizos públicos aos seus administrados. Non todo, efectivamente, foi turismo na visita que Arteaga e a súa xente renderon á capital arousá. Onte, sen ir máis lonxe, Fole acompañoulles nun percorrido que, entre outras infraestruturas, incluíu as plantas de depuración de augas que xestiona a compañía Espiña e Delfín. O rexedor vilagarcián, pola súa banda, destacou o potencial turístico da vila mexicana, cuxo aeroporto ofrece un acceso magnífico á contorna de Querétaro. «Un dos máis seguros -afirmou o seu alcalde- e con maior calidade de vida de todo o país».

 

Agasallos e conmemoracións

Os paralelismos entre Vilagarcía e Colón amplíanse a senllos fitos da súa historia contemporánea. Mentres a capital arousá conmemora o centenario da súa fusión con Carril e Vilaxoán, o municipio mexicano vive o 90 aniversario da súa independencia como institución. Os rexedores cruzaron agasallos. Unhas copas e información extensa para Arteaga; un zarape, unha especie de poncho que o rexedor azteca lle impuxo, para Fole.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas